• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa
Comisión de Montes 25/09 »

Reaccións á licitación da obra de ampliación do Hospital da Costa

25, Setembro 2015 por Admin B

O deputado popular salienta a axilidade coa que o Goberno galego, co compromiso do presidente Feijóo á cabeza, impulsa a actuación máis importante a acometer na nosa comarca

BALSEIRO AFIRMA QUE A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA SUPORÁ “UNHA MELLORA SUBSTANCIAL NA ASISTENCIA SANITARIA Á CIDADANÍA DA MARIÑA”

Hospital da Costa GaliciaE

  •  En tan só quince días a Xunta adoptou dúas decisións moi relevantes para a remodelación do centro

 

Burela, 25 de setembro de 2015.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou que a contratación das obras de ampliación do Hospital da Costa traerá consigo un investimento autonómico de 12,8 millóns de euros e suporá “unha mellora substancial” na prestación da asistencia sanitaria á cidadanía da Mariña.

O parlamentario popular salienta “a axilidade” coa que o Goberno galego está impulsando todo o procedemento de contratación da obra, “en cumprimento do compromiso adquirido polo presidente Alberto Núñez Feijóo” que lidera a que, con toda probabilidade, “será a actuación máis importante a acometer na nosa comarca”.

A XUNTA NUNCA ESTIVO DE MANS CRUZADAS

Balseiro dixo tamén que en tan só 15 días adoptáronse decisións moi relevantes: a autorización a Axencia Galega de Infraestruturas para acometer este contrato público (o pasado día 10 de setembro) e hoxe a licitación do proxecto e da execución das obras, que non ten marcha atrás

Con todo insiste en destacar que a Xunta “nunca estivo de mans cruzadas” e lembra que “desde que Feijóo é presidente redactouse un novo plan funcional, elaborouse o proxecto construtivo e agora se impulsa a propia ampliación e remodelación do centro”. Iso sen esquecer a posta en marcha de novos servizos como os de oncoloxía e hospitalización a domicilio, que xa se fixeron realidade en datas pasadas.

“Creo que se están dando os pasos importantes. Creo que o Goberno de Galicia e o Partido Popular da Mariña está cumprindo e, sobre todo, o propio Presidente da Xunta que sempre estivo comprometido con este obxectivo”

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: