• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Montes 25/09
Ábrese o concurso público para a obra de ampliación do Hospital da Costa »

Pleno 29/09

29, Setembro 2015 por Admin B

Balseiro defende o traballo conxunto do Goberno galego con esta flota no impulso de medidas que melloren a comercialización e dean máis valor e prezo á súa actividade

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE AS COTAS DAS PRINCIPAIS ESPECIES OBXECTIVO DA FLOTA DO CERCO SUBIRON UN 52% DESDE O ANO 2009

Flota

  •  Se hoxe as posibilidades de pesca son insuficientes, que cualificativo merecerían cando co PSOE e o BNG no goberno eran notablemente inferiores
  •  Os populares defenderán o cumprimento do compromiso do Goberno central para dispor de posibilidades de pesca adicionais cando a anchoa estea presente en augas galegas

 

Santiago, 29 de setembro de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou esta tarde que as cotas de pesca das principais especies obxectivo do cerco (xarda, xurelo e anchoa) aumentaron nun 52% desde o 2009 e incluso, soben tamén comparándoas co ano pasado, neste caso, nun 4,4%.

“Sempre poderán ser maiores, e os populares seguiremos defendendo novas subas. Pero se hoxe as posibilidades de pesca son insuficientes, que cualificativo merecerían cando con PSOE e BNG no goberno eran notablemente inferiores”-preguntouse Balseiro tras lembrar que “as forzas da actual oposición daquela estaban conformes e permanecían caladas ante a mala situación do sector”

En contraste, Balseiro relatou e puxo en valor as distintas medidas impulsadas pola Consellería do Medio Rural a favor deste sector, entre elas, defendeu o traballo conxunto do Goberno galego coa flota do cerco no impulso de iniciativas de autoregulación e mellora da comercialización, dirixidas a procurar maior valor engadido para a súa actividade e a conseguir unha maior rendibilidade e mellor prezo nas capturas.

REPARTO PREXUDICIAL

Os populares empregaron os devanditos argumentos no transcurso do debate dunha moción do PSOE que, no Pleno do Parlamento de Galicia, reclamaba un reparto para esta flota en base a criterios socioeconómicos, isto é, en función do número de tripulantes.

Balseiro dixo que aprobar a petición socialista “sería prexudicial para os intereses da flota do cerco” e retoulles a estudar caso por caso, e especie por especie, para comprobar que un reparto por tripulante sería moito máis negativo que o criterio que se emprega na actualidade e que inclúe en distinta ponderación capturas históricas e con outros criterios socioeconómicos.

O voceiro popular destacou na súa intervención o bo reparto do xurelo (especialmente en augas ao sur de Fisterra, nas que a nosa flota dispón do 98% da cota total) e o non tan bo reparto na xarda, “pois as posibilidades reais de pesca víronse reducidas como consecuencia do pago dunha multa pola sobrepesca desta especie cometida en 2009 e 2010, isto é, con PSOE e BNG no goberno”.

MÁIS COTA DE ANCHOA

O voceiro Mar do Grupo Popular dixo que unha petición na que todas as forzas políticas galegas parecen coincidir é en reclamar o cumprimento do compromiso do Goberno central para dispor de posibilidades de pesca adicionais de anchoa cando esta especie pesqueira migratoria estea presente en augas galegas. E, nese senso convidou á oposición a votar favorablemente a unha iniciativa que os populares galegos defenderán con este obxectivo no pleno de mañá.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: