• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Agricultura e Montes 09 10 2015
Incendios »

Comisión de Agricultura e Montes 09 10 2015

9, Outubro 2015 por Admin B

Balseiro lembra que Galicia é a única das comunidades autónomas en establecer un programa de investigación específica para limitar os efectos da invasión deste insecto

O GRUPO POPULAR APOIA UN ACORDO UNÁNIME DO PARLAMENTO SOBRE A ERRADICACIÓN DA VESPA VELUTINA TENDO PRESENTE QUE INCORPORA MEDIDAS QUE A XUNTA XA TEN EN MARCHA

 1024px-Vespa_vélutina

  • Medio Rural repartiu gratuitamente aos apicultores outras 1.500 trampas e líquido atraente, que se suma as 1.300 entregadas con anterioridade e habilitou un crédito de 397.500 euros en axudas directas aos apicultores, entre outras accións

Santiago, 9 de outubro de 2015.- O portavoz da área forestal do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro explicou hoxe que a formación política á que pertence vén de apoiar e facilitar un acordo unánime do Parlamento de Galicia sobre a erradicación da vespa velutina, tendo presente que incorpora medidas que a Xunta de Galicia xa ten en marcha na loita contra este insecto.

Balseiro lembra que os expertos e os profesionais apícolas recoñecen que se trata dunha praga de complicada erradicación aínda que destaca, en Galicia se teñen adoptado medidas pioneiras, entre todas as comunidades autónomas para o seu combate, sempre en consenso co sector.

PRIORIDADE NA ACCIÓN DA XUNTA

O popular pon en valor o acordo unánime adoptado na Cámara e, en consecuencia, a consideración por parte de todas as forzas políticas deste problema como unha prioridade a ter en conta na acción do Goberno da Xunta.

“Superar o partidismo e consensuar as acutacións a desenvolver é un paso importante e unha mensaxe positiva que damos aos galegos e, en particular, aos profesionais (apicultores, produtores de froita e operarios forestais) que se ven afectados por esta praga”- indicou Balseiro

PLAN DE VIXILANCIA E CONTROL

Balseiro lembrou que a Xunta de Galicia ten en marcha distintas medidas dirixidas a evitar a súa propagación, así como a minorar o impacto que poida ter sobre o medio ambiente e sobre as abellas produtoras de mel e finalmente, realiza un seguimento desde o punto de vista sanitario.

“Hai en marcha un Plan Específico de Vixilancia e Control desta vespa”- recalcou Balseiro- lembrando que se desenvolve “en colaboración cos propios profesionais cos que se manteñen reunións e xuntanzas permanentes, ata o punto de consensuar a creación dun Comité de Seguimento no que se integrarán todas as asociacións profesionais”

A OPOSICIÓN NON PROPÓN MEDIDAS DIFERENTES

Balseiro salientou que este plan inclúe “todas as medidas que a oposición propuxo nas súas iniciativas e que, polo tanto, non hai ningunha diferente, que puidera estudarse e incorporarse como novidade”.

Neste senso repasou as principais destas accións que consisten na colocación de trampas para detectar a evolución da difusión do insecto no territorio e a localización de niños para a súa eliminación. De feito, Medio Rural repartiu gratuitamente aos apicultores outras 1.500 trampas e líquido atraente. Esta entrega súmase ás 1.300 trampas que xa se repartiron nesta primavera, onde se capturaron unhas 3.000 raíñas.

“O obxectivo destes trampeos é a captura de raíñas no outono, evitando a formación de novos niños ao ano seguinte”-explicou o deputado.

Balseiro tamén citou as medidas compensatorias: Medio Rural habilitou un crédito por montante 397.500 euros, para esta anualidade, en axudas directas aos apicultores. E, finalmente, lembrou que Galicia é a única das comunidades autónomas en establecer un programa de investigación específica para limitar os efectos da invasión deste insecto

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2015
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: