Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 19 Outubro 2015

Orzamentos 2016

OBRAS DE AMPLIACIÓN E REMODELACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

O Consello da Xunta aprobou hoxe o Proxecto de Lei de orzamentos autonómicos para o ano 2016.

Por primeira vez desde que comezou a crise, o Goberno galego presenta unhas contas expansivas; é dicir, que medran de forma significativa porque supoñen un 4,3% máis de recursos que no ano 2015.

O presidente, Alberto Núñez Feijóo salientou que a marxe presupostaria dispoñible permite que sexa aproveitada en exclusiva para a recuperación da economía das galegas e dos galegos, para impulsar a maior baixada fiscal da historia da Autonomía e para dar un impulso social, e territorial á Comunidade

No tocante á sanidade pública, precisou que este incremento orzamentario permitirá completar a modernización das infraestruturas sanitarias e incrementar as prestacións

Máis en concreto, afondando nesta cuestión, o presidente Feijóo indicou -literalmente- na rolda de prensa posterior á reunión do Goberno galego

“Xunto co parque hospitalario que neste momento está en obras, é dicir, ampliándose, reformándose ou xa finalizado, incrementaremos dous novos hospitais: un plan director para o Hospital da Ferro e as obras para o Hospital da Mariña lucense. Vamos a incrementar tamén as prestacións, como a extensión, entre outras prestacións, do cribado de cancro de colon que é unha das patoloxías que más afectan á poboación de Galicia”

ESCOITAR AUDIO

http://www.ivoox.com/a-ampliacion-do-hospital-da-costa-nos-orzamentos_md_9074447_wp_1.mp3″

Ir a descargar

Read Full Post »

A %d blogueros les gusta esto: