• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Orzamentos 2016
O BNG está obrigado a dar explicacións aos lucenses »

Comisión 7ª 20

20, Outubro 2015 por Admin B

O portavoz popular de Montes, José Manuel Balseiro, salientou a “incoherencia” da oposición” porque, despois de reclamar durante anos a participación neste debate, agora votan en contra da iniciativa

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA IMPULSAR MEDIDAS DE MELLORA NA PREVENCIÓN E LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

Sala de Comisións do Parlamento de Galicia

  • O acordo insta ao Consello Forestal, en representación do sector, a elaborar un ditame que despois será debatido por todas as forzas políticas parlamentarias
  • Balseiro salientou “o desprezo” dos grupos da oposición á sociedade, que demanda “menos partidismo e máis consenso”


Santiago, 20 de outubro de 2015.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular dirixida a impulsar un debate sobre novas propostas e medidas de mellora no sistema de prevención e loita contra os incendios forestais.

O portavoz de Montes do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, amosou a disposición ao consenso a través dunha proposta cunha dobre variable: en primeiro lugar, a elaboración dun ditame polo Consello Forestal que recollera estas propostas e, en segundo lugar, a remisión do devandito ditame ante o Parlamento de Galicia para que todas as forzas políticas sen exclusión puideran debatelo, emendalo ou melloralo.

NÉGANSE AO DEBATE QUE LEVAN DEMANDANDO ANOS

Balseiro salientou a incoherencia dos partidos da oposición que decidiron non apoiar este acordo, “a pesar de que levan anos reclamando precisamente participar neste debate e achegar ideas sobre a mellora do sistema contra incendios”. O voceiro popular acusou ás forzas da oposición de “desprezar” á sociedade galega que reclama, neste ámbito, “menos partidismo e máis consenso” e lamentou que pechasen as portas.

“É unha mágoa que as forzas da oposición non queiran participar. Quedaron retratados. Non queren un debate serio sobre incendios”, concluíu Balseiro.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2015
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: