• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Orzamentos 2016
Orzamentos 2016 »

Previsión no Parlamento

20, Outubro 2015 por Admin B

Os deputados Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra aseguran que tanto PPdeG como o Goberno galego teñen o máximo interese e vontade para que a mina volva á actividade e se respecten os compromisos laborais cos traballadores

O GRUPO POPULAR APOIARÁ NO PARLAMENTO QUE A XUNTA ADOPTE AS MEDIDAS NECESARIAS PARA GARANTIR A ACTIVIDADE E O EMPREGO DA ANTIGA EMPRESA ECESA DE BURELA

vidal balseiro

• Sinalan que a día de hoxe o único escollo é que se está á espera de que a Xustiza mercantil resolva os recursos presentados para que a transmisión aos novos propietarios sexa firme e definitiva

Santiago, 20 de outubro de 2015.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra explicaron hoxe que a formación política á que pertencen apoiará un acordo na Comisión de Industria do Parlamento de Galicia, que se celebra mañá mércores, a través do que se insta á Xunta a adoptar todas as iniciativas que sexan precisas para garantir a continuidade da actividade e dos postos de traballo vinculados á empresa Área Mineira do Atlántico, isto é, a antiga ECESA de Burela.

Balseiro e Martínez-Sierra lembran que a empresa declarou concurso de acredores en marzo de 2014 e en decembro dese mesmo ano deu inicio o proceso de liquidación. Tras celebrarse a poxa de liquidación da compañía, hai un novo grupo mineiro adxudicatario provisional da propiedade (o Grupo SAMCA) que asumiu dous compromisos concretos: realizar un investimento de 10 millóns de euros nun prazo de entre 2 e 5 anos; e crear unha bolsa de emprego cos antigos traballadores da empresa, co compromiso de contratalos.

Os deputados do Grupo Popular queren que estas dúas opcións poidan facerse realidade o antes posible e recordan que a propia Xunta de Galicia comprometeuse a intervir, en apoio desta actividade e dos empregados, dentro das súas capacidades e competencias, “vontade que compartimos e á que instamos a realizar con urxencia”.

ÚNICO ESCOLLO: PENDENTE DE RESOLVER OS RECURSOS

Desde o Grupo Popular aclaran que o único escollo que queda é que a transmisión da empresa aínda non é firme, xa que restan por resolver varios recursos no xulgado do Mercantil. “Polo momento, temos que esperar eses pronunciamentos, pois determinarán de quen é a propiedade”, indican os deputados.

“Cando a adxudicación sexa firme, a Xunta deberá falar co propietario e os traballadores para servir de apoio á reactivación desta importante compañía”, manifestan. ADemis, Balseiro e Martínez-Sierra afirman que “tanto desde o Grupo Popular como tamén desde a Xunta de Galicia temos o máximo interese en que esta mina volva á actividade, e de aí que fagamos posible este acordo parlamentario, porque o seu produto segue a ter un grande prestixio internacional e de grande demanda pero, sobre todo, porque suporía recuperar un motor económico e de emprego na zona”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2015
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: