• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« O BNG está obrigado a dar explicacións aos lucenses
Orzamentos da Xunta para 2016: Consellería do Mar »

Orzamentos da Xunta para 2016

22, Outubro 2015 por Admin B

OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2016 SUPOÑEN UN RESPALDO SIGNIFICATIVO PARA OS GRANDES PROXECTOS QUE O GOBERNO GALEGO EXECUTA NA MARIÑA LUCENSE

Orzamentos da Xunta 2016 A Mariña

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra valoraron esta tarde, en rolda de prensa, os orzamentos da Xunta de Galicia para 2016, no relativo á comarca da Mariña lucense

Aseguraron que as contas autonómicas para o ano próximo supoñen un “respaldo orzamentario significativo” aos grandes proxectos que a Xunta executa na Mariña.

Salientaron ámbitos como:

  • As infraestruturas viarias e portuarias (o corredor, o acceso ao porto de Burela, a LU-124, os periraos de Foz, Celeiro, Vicedo)
  • As infraestruturas sanitarias e de benestar (a “prioridade absoluta” era poder iniciar as obras de remodelación e ampliación do Hospital da Costa, tras impulsar a tramitación técnica complexa, e farase realidade en 2016. Tamén hai achegas para os centros dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar e para rematar a nova residencia de Foz)
  • Hai achegas importantes no ámbito educativo e cultural (ampilación do instituto María Sarmiento de Viveiro e apoios aos concellos polos que percorren os camiños de Santiago);
  • Tamén no ámbito medio ambiental (saneamentos en Viveiro, Burela, nas rías)
  • E no eido industrial (convenio con Alcoa, investimentos nos polígonos, axudas do Igape

AS PARTIDAS DE MAIOR CONTIA DA PROVINCIA

Se tras coñecerse os orzamentos da Xunta en 2016, desde o PP destacaban que a provincia de Lugo é, entre as galegas, a que maior investimento por habitante recibe (con 725 euros por lucense) tamén aseguraron con satisfacción que A Mariña se beneficia de varias das partidas “máis elevadas do conxunto da provincia”, o que da imaxe do seu peso específico, como son, o corredor da Costa (6,1M€) e a obra de ampliación do Hospital (1,8M€)

Tamén salientaron os investimentos no servizo de Gardacostas, que ten base na nosa comarca (máis de 2M€) tras lembrar que o Goberno Feijóo duplicou a tripulación e operatividade dos helicópteros de salvamento ou as achegas previstas para o centro de investigación mariña de Ribadeo ou para completar ou mellorar equipamentos pesqueiros. (349.916 €)

MENOS IMPOSTOS, EN ESPECIAL NO RURAL, E FOMENTO DA NATALIDADE

Finalmente fixeron un repaso a outras actuacións que superan a simple análise numérica e que “serán especialmente beneficiosas para a comarca” como son a baixa de impostos máis ambiciosa que nunca antes ten realizado esta autonomía, contemplada nos orzamentos da Xunta (na parte autonómica do IRPF e no imposto de sucesións) o programa de fomento da natalidade (con axudas de ata 100 euros ou coa creación dun bono coidador, para aquellos concellos que non dispoñan de escola infantil) e o programa de impostos cero no rural (que elimina os impostos á practica totalidade das operacións relacionadas con fincas rústicas e explotacións gandeiras)

Como conclusión, e en opinión dos deputados do PP a valoración “non pode ser máis que positiva”, porque estamos diante duns orzamentos autonómicos feitos con criterio, axustados ás necesidades e aos proxectos máis importantes para os mariñáns, e que, ademais, son responsables e sensibles ao novo momento que vive Galicia.

RELACIÓN DE INVESTIMENTOS

Orzamentos 2016

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2015
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: