• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Orzamentos da Xunta para 2016
Novo Goberno da Deputación de Lugo »

Orzamentos da Xunta para 2016: Consellería do Mar

26, Outubro 2015 por Admin B

Jose Manuel Balseiro asegura que “a pesca, o marisqueo e acuicultura recuperan protagonismo, cun equipo que volve a ter plena dedicación neste ámbito e co incuestionable e patente respaldo do Goberno galego aos seus profesionais que fan visibles estas contas”

OS ORZAMENTOS DO 2016 REFLICTEN “O RENOVADO E REFORZADO COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO CO MUNDO DO MAR” TRAS INCREMENTARSE CASE UN 50%

Sin título

  • Salientan as subas en áreas tan importantes como a construción e conservación de infraestruturas portuarias (+53%), ensinanzas pesqueiras (+18%), modernización e mellora da seguridade a bordo dos buques pesqueiros (+220%), protección do medio mariño (+53%) e tamén a partida de 500.000 euros para a adquisición de barcos por parte de mozos


Santiago, 26 de outubro de 2015.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 reflicten “o renovado e reforzado compromiso do Goberno galego co mundo do mar”, tras ver incrementados en case un 50% os seus recursos.

Así o afirmou o voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, no transcurso da comparecencia da conselleira Rosa Quintana no Parlamento para informar das contas das que disporá o seu departamento o ano próximo.

O popular dixo que a pesca, o marisqueo e acuicultura “recuperan protagonismo”, cun equipo que volve a ter “plena dedicación” neste ámbito, feito que aplaudiu, e “co incuestionable e patente respaldo do Goberno galego aos seus profesionais que fan visibles estas contas”

“Son 129,2 millóns de euros, 42,2 millóns de euros máis que en 2015 o que multiplica por dez a suba media do conxunto das consellerías da Xunta”- salientou Balseiro- “Por iso, con máis recursos e da man dos profesionais, chegaremos a bo porto”

NOTABLES INCREMENTOS

Balseiro salientou os incrementos en áreas tan importantes como a construción e conservación de infraestruturas portuarias (+53%), ensinanzas pesqueiras (+18%), modernización e mellora da seguridade a bordo dos buques pesqueiros (+220%), protección do medio mariño (+53%) e tamén a partida de 500.000 euros para a adquisición de barcos por parte de mozos.

O popular tamén felicitou á titular da Consellería do Mar pola boa negociación que o Goberno central e autonómico fixo e que como resultado deu que Galicia dispoña de máis do 50% dos recursos do Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro asignados a España, “Son 500 millóns de euros a investir en apoiar aos profesionais entre 2015-2020”.

UNHA SITUACIÓN QUE MELLORA

“Somos existentes. E queremos seguir mellorando”. Pero non podemos esquecer –dixo Balseiro- que, “fronte á visión catastrofista e non construtiva da oposición” as cotas de pesca creceron un 13% entre 2012 e 2014, e incrementaron un 55% o seu valor. “Os mesmos partidos que hoxe critican este feito, no Goberno defendían cotas moi inferiores”

Balseiro puxo en valor tamén o incremento das descargas de peixe e marisco fresco, que creceron nun 14,53% en 2014 nas lonxas galegas, que facturaron un 4,58% máis. Ou os incrementos que se rexistraron na produción na acuicultura, as conservas galegas e o mexillón.

“Co incuestionable e patente respaldo do goberno galego que fan visibles estas contas, podemos dicir que a pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia teñen futuro, e que é un futuro certo e positivo”- concluíu Balseiro

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2015
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: