• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión
Camiño de Santiago »

Residencia de Ribadeo

29, Outubro 2015 por Admin B

Piden ao alcalde de Ribadeo que sexa serio e non engane aos veciños porque pode desbloquear a situación en canto remita a documentación solicitada e pendente desde agosto de 2014

A Xunta agarda desde fai máis dun ano que o Goberno de Ribadeo remita o informe de viabilidade sobre a futura residencia

 12189024_1077078715637830_8798400225274837971_n

  • O Goberno galego está disposto a colaborar con esta infraestrutura e para iso puxo sobre a mesa unha proposta de convenio económico cos correspondentes requirimentos

Ribadeo, 29 de outubro de 2015.- O secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, confirmou hoxe que a Xunta de Galicia agarda, desde fai máis dun ano, que o Goberno municipal de Ribadeo remita a documentación solicitada para poder asinar así o convenio de colaboración económica sobre a futura residencia.

O popular revelou que desde o 6 de agosto de 2014, data na que a entonces Consellería de Traballo e Benestar remitiu ao Concello a proposta do convenio de colaboración para a construción deste centro, non se obtivo resposta a este requirimento.

En concreto, a Xunta pedía, conforme a lexislación vixente, que o Concello achegase un informe de viabilidade da futura residencia e outro de duplicidade (este último o elabora a Xunta a proposta do propio Concello, un trámite moi sinxelo)

Ata o de agora, aclara Balseiro, o Goberno local respondeu en relación a outros extremos que figuran no convenio , en datas 29 de agosto de 2014, e outra vez neste mesmo mes de outubro, pero en ningunha destas comunicacións inclúe os informes solicitados, “nunha evidente manobra dilatoria incomprensible transcorridos quince meses”

Desde o PP piden ao alcalde de Ribadeo que sexa serio e non engane aos veciños porque pode desbloquear a situación en canto remita a documentación solicitada pola Xunta en agosto de 2014 e que, insisten, “a data de hoxe segue pendente de recibirse”

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2015
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: