Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Novembro 2015

Opinión

Paso decisivo para ampliar o Hospital da Costa

Hoxe podemos dicir con seguridade que estamos a un paso da tan esperada ampliación e remodelación do centro hospitalario público da Mariña lucense.

(máis…)

Read Full Post »

Comisión 5 (25/11/2015)

Javier Abad confirmou en sede parlamentaria que a administración leva agardando quince meses a que o Goberno local remita os informes solicitados e que estes deben achegarse con carácter previo á sinatura do convenio porque a Xunta non pode dispoñer destes cartos sen garantir a viabilidade da futura residencia

BALSEIRO VALORA POSITIVAMENTE A DISPOSICIÓN DA XUNTA POR MANTER A COLABORACIÓN PARA FACER REALIDADE A FUTURA RESIDENCIA DE RIBADEO

Balseiro durante a súa intervención na Comisión de Ordenación do Territorio

  • Lembra que Política Social está disposta a prorrogar ata finais de 2016 a vixencia do convenio de tal xeito que en canto o Concello remita os informes pendentes poderían achegarse os 500.000 euros nun prazo aproximado de dous meses
  • Balseiro asegura que todo este conflito está inmerso nunha cerimonia de confusión que non beneficia a ninguén e insta ao Alcalde a desbloquear a situación, pensando no que é positivo para os seus veciños, e pídelle que non se enroque na distinta interpertación dunha cuestión burocrática

(máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento 25 11 2015

Balseiro asegura que a oposición nunca foi leal co Hospital da Mariña lucense e volve a darlle ás costas tras negarse a aprobar unha iniciativa dirixida a modernizar a primeira infraestrutura pública sanitaria da comarca

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, A FINALIZAR O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

12274363_447561875433472_3873784538645661070_n

  • O deputado popular lembrou que os orzamentos de 2016 contemplan unha partida “ampla e suficiente” de ata 1,8 millóns de euros para comezar as obras, que os técnicos planificaron se realizarán durante 31 meses para facelas compatibles co funcionamento do centro

(máis…)

Read Full Post »

A proposición non de lei insta á Xunta de Galicia a dar continuidade coas actuacións contempladas no seu Plan Director

BALSEIRO DEFENDERÁ NO PLENO DO PARLAMENTO UNHA INICIATIVA PARA DAR O IMPULSO DEFINITIVO AO PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA

 12096030_866723830089905_3027635048842830609_n

  • O Goberno galego e o seu presidente, xunto aos cargos públicos populares da comarca, sempre estiveron comprometidos con este proxecto que ao longo das dúas últimas lexislaturas foi dando pasos esencias na súa longa e complexa tramitación administrativa

  (máis…)

Read Full Post »

O secretario xeral dos populares lucenses avaliou tamén o plan de solo bonificado vixente ata o de agora: na provincia de Lugo adxudicáronse 85 parcelas de solo empresarial, cunha superficie total de 149.569,63 metros cadrados, supoñen máis do 42% da superficie adxudicada en toda Galicia

 BALSEIRO SALIENTA QUE A XUNTA REFORZA OS INCENTIVOS Á INSTALACIÓN DE EMPRESAS OFERTANDO 304.167,91 METROS CADRADOS NA PROVINCIA DE LUGO DESDE 38 CÉNTIMOS

 20120505-011250.jpg

  • O Goberno galego, a través da empresa pública Xestur dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda redobra os esforzos ata o punto de ofrecer un primeiro ano de carencia para os titulares de parcelas en dereito de superficie

(máis…)

Read Full Post »

Comisión de Industria (18 11 2015)

Jose Manuel Balseiro sinala que a Xunta sempre defenderá a diferenciación dos produtos pesqueiros e marisqueiros de orixe galega, tanto na produción como na comercialización

 O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE IDENTIFICAR CON GALICIA SÓ O PRODUTO AMPARADO POLA DENOMINACIÓN DE ORIXE DEIXARÍA FÓRA Á MAIOR PARTE DO MEXILLÓN DAS RÍAS GALEGAS

 mejillon

  • O voceiro do Mar lembrou que a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia só ampara produto en fresco e non ao que, aínda que estea producido en Galicia, vai dirixido á conserva

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca 18 11 2015 b

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, insiste en que calquera posible modificación ten que basearse nunha solución global, no consenso do conxunto do sector do cerco

 O GRUPO POPULAR AVOGA POR ESTUDAR BEN UN CAMBIO NAS CLAVES DE REPARTO DO CERCO E EVITAR QUE PARA QUE GAÑEN ALGÚNS PERDA O CONXUNTO DO SECTOR

PropA

  •  Retan á oposición a demostrar que non é certo que, desde 2009, as cotas das principais especies obxectivo desta flota creceron un 52%
  •  Defenden que actual modelo de xestión permitiu rematar coa práctica da pesca olímpica que deu lugar a importantes sancións por sobrepesca que aínda restan capacidade de traballo para o sector

  (máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

%d bloggers like this: