Pleno do Parlamento: 11 de novembro

Balseiro sinala que o reparto verdadeiramente inxusto para esta flota foi o que deixou o PSOE, baseado en criterios históricos puros e cun modelo de xestión de pesca olímpica que trouxo consigo importantes sancións por sobrepesca, aspectos que o PP intentou corrixir

O GRUPO POPULAR ANUNCIA A PRESENTACIÓN DUNHA INICIATIVA PARA QUE A XUNTA ESTUDE OS CRITERIOS A EMPREGAR PARA QUE A FLOTA GALEGA DO CERCO POIDA ACADAR MÁIS POSIBILIDADES DE PESCA

  • Advirten da necesidade de analizar ben os cambios a propoñer para modificar o reparto pois poderíamos correr o risco de que, para que gañen algúns, perda o conxunto do cerco galego


Santiago, 11 de novembro de 2015.- O portavoz do Mar Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, anunciou hoxe no Pleno do Parlamento que presentará unha iniciativa dirixida a estudar os criterios a empregar para que o conxunto da flota galega do cerco poida acadar máis posibilidades de pesca. A devandita petición xurde despois da negativa dos partidos da oposición a aceptar unha emenda que reclamaba precisamente a elaboración desta análise

O CERCO GALEGO PODE SAÍR PERDENDO

Balseiro advertiu que non se pode defender un cambio no actual modelo de repartición como fan desde a oposición sen analizar ben as consecuencias que o mesmo pode traer pois, de actuar no sentido contrario, corremos o risco de que, “para que gañen algúns perda Galicia, perda o conxunto do cerco galego”.

Os populares sinalaron que “o reparto verdadeiramente inxusto” para a flota do cerco non é o actual, senón o que deixou o PSOE, “baseado en criterios históricos puros e cun modelo de xestión de pesca olímpica e sen control que trouxo consigo importantes sancións por sobrepesca, aspectos que o PP corrixiu modificando o modelo de xestión.
Balseiro reclamou aos partidos da oposición “máis responsabilidade e menos partidismo” e lamentou que pechasen as portas a un acordo unánime, tendo en conta que todas as forzas políticas defenden un punto en común: a superviviencia da actividade desta flota e dos empregos a ela asociados.

NOTABLE INCREMENTO DE COTAS

Fronte as críticas da oposición sobre o recorte de posibilidades de pesca, Balseiro defendeu “que non se intente enganar ao sector” e lembrou que desde o ano 2009, as principais cotas das especies obxectivo do cerco (xarda, xurelo e anchoa) creceron un 52%, cifras perfectamente comprobables.

Os datos oficias tamén demostran que se acadaron importantes incrementos no número de descargas nos portos galegos, tanto en 2014 como en 2015. Balseiro lembrou que só en descargas efectuadas en Galicia facturamos un +17% máis que a media dos dous últimos anos, e que neste ano lévase facturado máis en oito meses que o pasado ano por completo.

UNHA SOLUCIÓN GLOBAL PARA O CERGO GALEGO

Balseiro dixo tamén que o PP e a Xunta non están pechados a estudar liñas de mellora, e atender o malestar que hai en parte do sector, pero insistiu en que a solución debe ser global, “aplicable ao conxunto do cerco galego e tras estudar ben as consecuencias do que queremos cambiar”, que precisamente era o que pedía a emenda popular.

Finalmente Balseiro lembrou que cando se fala de amarres hai cerco galego, que practica unha xestión diferente (con cotas similares aos barcos de acerga) e seguen faenando. Aclarou que en ningún caso de pode acusar á Xunta de falta de interlocución cando nos últimos 15 meses mantivéronse ata oito reunións cos representantes do cerco, nas que se chegaron a acordos para mellorar a comercialización, para conseguir máis posibilidades de captura.