Elección xerais 20D

Os populares estarían en disposición de acadar un feito histórico: dous representantes no Congreso dos Deputados

BALSEIRO VALORA MOI POSITIVAMENTE A AMPLA REPRESENTACIÓN DA MARIÑA LUCENSE NA CANDIDATURA DO PP PARA AS ELECCIÓNS XERAIS

Balseiro

  • Jaime de Olano, repite como número dous, seguido da concelleira en Foz, Mercedes González, que vai de número tres
  • No Senado Rocío Blanco e Maria del Mar Fraga aparecen como suplentes, nunha candidatura que encabeza Jose Manuel Barreiro

Lugo, 12 de novembro de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e coordinador provincial da campaña electoral para as vindeiras eleccións xerais, Jose Manuel Balseiro, valorou hoxe a ampla representación que a Mariña lucense ten na candidatura popular para o Congreso e para o Senado.

“Ata tal punto é así, que estamos en disposición de acadar un feito moi relevante, histórico incluso, a posibilidade de que dous deputados populares da Mariña estean no Congreso que saía das urnas o 20 de decembro”

CONGRESO E SENADO

Ao actual deputado Jaime de Olano, que repite como número dous na candidatura ao Congreso, síguelle como número tres a concelleira popular de Foz Mercedes González.

Na candidatura do Senado temos tamén as concelleiras Rocío Blanco Pliego do Valadouro e María del Mar Fraga de Burela, en calidade de suplentes.

“Falamos dunha combinación moi acertada de experiencia e renovación. Na que teñen un peso importante as mulleres da nosa comarca. Son persoas comprometidas coa Mariña, nos seus pobos, e en múltiples iniciativas, sociais e veciñais”

NON É CASUALIDADE

A ampla representación da nosa comarca na candidatura popular non é “unha casualidade, senón que responde a un compromiso do PP con esta terra” –sinala Balseiro– Unha representación que é acorde co peso específico que A Mariña ten no conxunto da provincia e cos vos resultados acadados polo PP nas últimas eleccións xerais.

“A Mariña é protagonista nunha candidatura que encabezan, Jose Manuel Barreiro (Senado) e Joaquín García Diez (Congreso)”-conclúe o dirixente popular