Pesca

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, asegura que PSOE, AGE e BNG din unha cousa ao sector e se comportan de xeito contraditorio no Parlamento galego

O GRUPO POPULAR ACUSA Á OPOSICIÓN DE ACTUAR CON HIPOCRISÍA POLÍTICA Á HORA DE RECLAMAR UN AUMENTO DE COTAS DE PESCA

Jose Manuel Balseiro é voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento

• Lembra que o pasado mes de setembro PSOE, AGE e BNG votaron en contra dunha iniciativa do PP en apoio das negociacións da Xunta para acadar un incremento das cotas de pesca en 2016


Santiago, 12 de novembro de 2015.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou hoxe que os grupos da oposición están enganando aos profesionais da pesca en Galicia porque actúan cunha evidente hipocrisía política en relación co incremento de cotas de pesca “dicindo unha cousa ao sector e mantendo unha postura diferente no Parlamento”

O deputado popular lembra que o pasado o 9 de setembro os populares presentaron unha proposición non de lei na Comisión de Pesca e Marisqueo da cámara galega coa que buscaban un acordo unánime en apoio das iniciativas que a Xunta impulsa para acadar un incremento das cotas de pesca o ano próximo, en 2016 e os grupos da oposición PSOE, AGE e BNG, votaron en contra.

MÁIS COTA: OBXECTIVO PRIORITARIO

“Para o PP e para a Xunta é un obxectivo prioritario seguir avanzando en cantas medidas se estimen útiles para darlle máis oportunidades á nosa flota e máis posibilidades de pesca aos nosos profesionais, pero nese obxectivo non contamos co apoio dos grupos da oposición”- sinalou Balseiro

O portavoz do Mar dos populares galegos sinala que para ser máis fortes na negociación ante Europa (que é o foro no que se deciden as reparticións) “teríamos que ser capaces de ir todos da man, e está claro que coa oposición non podemos contar”, porque cando falan ante o sector, e cara a opinión pública, reclaman máis posibilidades de pesca, e despois no Parlamento, votan en sentido contraditorio, e non apoian as iniciativas do PP que precisamente buscan este obxectivo.