• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Montes 13 de novembro
Comisión de Pesca 18 11 2015 »

Marisqueo

17, Novembro 2015 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, interpelará á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola avaliación da campaña de erradicación destas especies invasoras

O GRUPO POPULAR INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLO PLAN CONTRA A CANAILLA E O BUSANO PROMOVIDO POLA CONSELLERÍA DO MAR E A CONFRARÍA DE O GROVE

1650-canailla500x500

  • Estas caracolas, orixinarias do mar Mediterráneo, poden consumir entre tres e cinco quilos de marisco ao ano, cos consecuentes prexuízos económicos para os profesionais do marisqueo.

Santiago, 17 de novembro de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, formulará mañá unha pregunta na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego na que se interesa polo plan desenvolvido, en colaboración entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores de O Grove, para a erradicación das especies invasoras Bolinus brandaris (canaílla) e Hexaplex trunculus (busano)

 Estas caracolas predadoras do marisco son orixinarias do mar Mediterráneo e probablemente se introduciron en augas do Grove de xeito accidental a través de sementes de ostra para o engorde batea. A súa capacidade destrutiva vén dada porque cada exemplar pode consumir entre tres e cinco quilos de marisco ao ano, cos consecuentes prexuízos económicos para os profesionais do marisqueo.

 CONDICIONANTES FÍSICOS E NATURAIS

 Balseiro lembra que distintos condicionantes físicos e naturais, como a presenza dunha herba mariña, a seba (Zoostera sp) e as boas temperaturas da auga, converteron ao mar do Grove nun espazo ideal para a proliferación destas especies invasoras.

 Tanto a Confraría de pescadores de O Grove como a Consellería do Mar, co apoio dos centros de investigación mariña, desenvolveron unha campaña de erradicación o pasado verán financiados polo Goberno galego, na que participaron diversas embarcacións e mergulladores que habitualmente traballan na recollida da navalla. O obxectivo era eliminar os niños no fondo do mar e a retirada destas especies para a súa destrución.

 O portavoz popular pedirá á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, que dea conta dos traballos desenvolvidos, así como da avaliación da campaña de destrución da canaÍlla e do busano para evitar a súa proliferación polo resto da ría e das augas galegas.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2015
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: