Comisión de Industria (18 11 2015)

Jose Manuel Balseiro sinala que a Xunta sempre defenderá a diferenciación dos produtos pesqueiros e marisqueiros de orixe galega, tanto na produción como na comercialización

 O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE IDENTIFICAR CON GALICIA SÓ O PRODUTO AMPARADO POLA DENOMINACIÓN DE ORIXE DEIXARÍA FÓRA Á MAIOR PARTE DO MEXILLÓN DAS RÍAS GALEGAS

 mejillon

  • O voceiro do Mar lembrou que a Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia só ampara produto en fresco e non ao que, aínda que estea producido en Galicia, vai dirixido á conserva

 

Santiago, 18 de novembro de 2015.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu esta tarde no Parlamento que limitar o uso das mencións referentes a Galicia ao mexillón producido baixo a Denominación de Orixe Protexida (DOP) suporía deixar fóra a maior parte deste marisco que tamén foi producido en Galicia pero que non está acollido a esta figura de protección.

 Balseiro lembrou que a DOP só ampara produto en fresco e deixa fóra ás conservas. Neste sentido, aclarou que, con datos de 2014, so o 14 por cento da produción total de mexillón en Galicia foi amparada por esta figura específica de protección diferenciada polo que, de levar adiante o que reclamaba o BNG no Parlamento, unha gran maioría do sector produtor “quedaría desamparado, ao non poder ser etiquetado como galego.”

 VERDADEIRO OBXECTIVO: EVITAR FRAUDES

 O portavoz popular dixo que para regular esta situación e que a utilización das referencias a Galicia foran realizadas correctamente, o Goberno galego aprobou o Decreto autonómico 124/2010, que establece que para que un produto se etiquete como galego a materia prima ten que ser galega e a elaboración ten que realizarse na nosa Comunidade autónoma.

 Para Balseiro, o BNG confunde que o verdadeiro obxectivo debe ser evitar que o produto etiquetado como galego non teña esta orixe. Por iso, asegurou que “o importante é poñer os métodos necesarios para que o produto identificado como galego sexa efectivamente galego e evitar fraudes”. Para elo, explicou que están en marcha as campañas de inspección de consumo, que segundo resposta oficial parlamentaria deu lugar, nos últimos anos ascenderon a medio cento de actas de inspección e arredor de 18 expedientes sancionadores.