• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Valoración dos resultados electorais
Rehabilitación de vivendas »

Valoración de resultados do BNG

23, Decembro 2015 por Admin B

Nas últimas eleccións xerais, a candidatura Nós -liderada polo BNG- obtivo só 7.208 votos un 3,6% do total, unha porcentaxe inferior en case un punto á media galega e 18.932 sufraxios menos que nas últimas eleccións municipais celebradas fai sete meses

Os populares aseguran que o desplome electoral do BNG é un castigo dos lucenses ao desastroso papel dos nacionalistas no Goberno da Deputación de Lugo

 Balseiro

  • Os nacionalistas non foron quen de rendibilizar os oito anos de goberno bipartito na institución provincial e elección tras elección perden apoios ata o punto de que hoxe estaría fóra da Deputación

Lugo, 23 de decembro de 2015.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, atribuíu o desplome electoral do Bloque Nacionalista Galego –a través da candidatura Nós- acontecido nas últimas eleccións xerais ao “desastroso papel” que esta formación política está a adoptar na Deputación de Lugo.

Os nacionalistas tan só obtiveron 7.208 votos dos lucenses -un 3,6% do total do electorado-, unha porcentaxe inferior case nun punto á media galega acada por esta coalición nacionalista, xa de por si baixa.

Balseiro di que no BNG non foron quen der rendibilizar os oito anos de Goberno bipartito da Deputación de Lugo e, proceso electoral, tras proceso electoral, están a perder apoios entre os lucenses, ata o punto de que hoxe estaría fóra da Deputación

EN SETE MESES PERDEU O 70% VOTOS

De feito nas últimas eleccións municipais o BNG perdeu ata tres alcaldías que gobernaban, as de Monforte, Mondoñedo e Riotorto e, nos últimos sete meses, os nacionalistas deixáronse 18.932 votos, máis dun 70% do seu apoio.

A situación contrasta co Partido Popular que entre as eleccións municipais do pasado mes de maio e as xerais do pasado domingo veu incrementados os seus apoios en 7.631 votos.

O BNG PERMITE UN GOBERNO CON IMPUTADOS

O secretario xeral dos populares di tamén que os lucenses non entenden o cambio de criterio imposto polo BNG para permitir que a Deputación de Lugo teña agora un goberno con presenza de deputados imputados aplicando un criterio ético de quita e pon, que cambia en función dos intereses dos seus deputados.

Balseiro cre que os actuais responsables do BNG na Deputación, de seguir coa súa estratexia converterán ao BNG nunha forza residual na provincia, sen representación real nas institucións, como xa perderon os seus asentos no Congreso dos Deputados.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2015
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: