Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 20 Xaneiro 2016

Comisión de Pesca 20 01 d

Balseiro acusa á oposición de empregar á flota do cerco só con intereses partidistas e di que lles interesa afondar na división dos seus profesionais para manter a polémica e obter réditos a curto prazo

O GRUPO POPULAR DEFENDE A VÍA DE DIÁLOGO ABERTA POLA XUNTA CO CONXUNTO DO CERCO GALEGO E CONVIDA Á OPOSICIÓN A SUMARSE CON PROPOSTAS CONSTRUTIVAS

 cerco-gallego

  • Felicitan aos distintos representantes da flota por apoiar a proposta deseñada pola Consellería do Mar a petición do propio sector que consiste en establecer unha “base mínima” de posibilidades de pesca para os barcos que non dispoñen de cota.

(máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca 20 01 b

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, quere evitar que as importacións de peixes e mariscos procedentes de países incumpridores prexudiquen á flota galega

O PARLAMENTO GALEGO ACORDA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR QUE SE EXTREME A VIXILANCIA ÁS COMORAS E TAIWAN EN MATERIA DE PESCA ILEGAL

PESCA-BARCOS--644x362

  • O acordo insta ás autoridades autonómicas, estatais e comunitarias a impoñer sancións comerciais, incluída a prohibición de importacións, se persisten as deficiencias
  • Balseiro lembra que estes países exportan filete de peixe conxelado, pesca e marisco fresco e aceites en competencia directa coa produción da flota e industria de transformación galega

(máis…)

Read Full Post »

Comisión de Pesca 20 01

Balseiro di que este foro, no que por primeira vez na historia participan todas as diferentes asociacións galegas, ten a iniciativa sobre a mellora da xestión e organización deste sector

 OS POPULARES PIDEN AO BNG QUE RESPECTE AO GRUPO DE TRABALLO IMPULSADO A INICIATIVA DA XUNTA COA FLOTA DA VOLANTA

volantadefondo

  • O Goberno galego vén traballando na mellora das posibilidades de pesca deste sector e por iso, desde 2009 co PP na Xunta, logrouse que a cota de pescada do Sur medrase nun 70%
  • Os populares lamentan que o BNG demande maiores cotas para a pesca galega e despois non apoie xunto co resto da oposición as iniciativas do PP e da Xunta dirixidas a esta obxectivo

  (máis…)

Read Full Post »

Máis protección para o marisqueo a pé

Balseiro lamenta a “intransixencia” do deputado Juan Fajardo que non aceptou a emenda proposta polo Grupo Popular para ampliar o réxime de protección que ampara a estas profesionais do marisqueo a pé

O VETO DE AGE IMPIDE UN ACORDO NO PARLAMENTO PARA EXPLORAR NOVAS AXUDAS ÁS MARISCADORAS A PÉ DA RÍA DE AROUSA AFECTADAS POLOS CESES TEMPORAIS DE ACTIVIDADE

marisqueo-ribadeo4

  • O deputado lembra que o Goberno galego mantén vixente unha liña de axudas compensatorias á que poden acceder armadores e tripulantes de embarcacións afectadas pola paralización e para as que a Xunta destina preto de dous millóns de euros
  • As mariscadoras a pé “tampouco quedan desprotexidas” xa que poden solicitar no ISM o subsidio por cese de actividade ao que teñen dereito os traballadores autónomos que cotizan no Réxime Especial do Mar

(máis…)

Read Full Post »

A %d blogueros les gusta esto: