• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 20 01
Comisión de Pesca 20 01 d »

Comisión de Pesca 20 01 b

20, Xaneiro 2016 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, quere evitar que as importacións de peixes e mariscos procedentes de países incumpridores prexudiquen á flota galega

O PARLAMENTO GALEGO ACORDA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR QUE SE EXTREME A VIXILANCIA ÁS COMORAS E TAIWAN EN MATERIA DE PESCA ILEGAL

PESCA-BARCOS--644x362

  • O acordo insta ás autoridades autonómicas, estatais e comunitarias a impoñer sancións comerciais, incluída a prohibición de importacións, se persisten as deficiencias
  • Balseiro lembra que estes países exportan filete de peixe conxelado, pesca e marisco fresco e aceites en competencia directa coa produción da flota e industria de transformación galega

Santiago, 20 de xaneiro de 2016.- O Parlamento galego vén de aprobar a iniciativa defendida polo Grupo Popular na que se insta ás distintas administracións a que extremen a vixilancia ás illas Comoras e Taiwan para verificar que cumpren a normativa sobre pesca ilegal.

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, explicou que mediante este acordo parlamentario queren evitar que as importacións de peixes e mariscos procedentes de países incumpridores prexudiquen á flota galega, distorsionando o mercado coa súa competencia desleal e producindo perda de actividade e emprego no noso país.

O acordo insta ás autoridades autonómicas, estatais e comunitarias a impoñer sancións comerciais, incluída a prohibición de importacións, se persisten as deficiencias e incumprimentos da normativa sobre pesca ilegal polas que a Comisión Europea xa sacou a “tarxeta amarela” a estes dous países a finais do ano pasado.

Desde o Grupo Popular son partidarios de impoñer o reproche comercial máis rigoroso -a prohibición das importacións-, porque cren que tamén é o máis efectivo e porque ofrece unha lección exemplarizante aos países incumpridores.

En contraste con outros países, Balseiro pon en valor os esforzos que os profesionais da pesca de Galicia realizan para garantir e respectar a sostibilidade dos recursos, e insisten en que, para que teñan resultado, a administración debe aplicar unha política de tolerancia cero fronte á pesca ilegal”.

UNHA OPOSICIÓN DESNORTADA

Balseiro lamentou que os grupos da oposición non quixeran apoiar esta iniciativa, desvirtuando a importancia que para a flota galega ten a loita contra os países que practican a pesca ilegal e facendo oídos xordos ás distorsións que as importacións de produtos pesqueiros e marisqueiros capturados ilegalmente provocan no mercado comunitario e galego. Dixo que a actitude de PSOE, BNG e AGE obedece a un descoñecemento do sector e unha estratexia “directamente desnortada”.

Balseiro explicou que o 23 por cento das exportacións das illas Comoras en España é filite de peixe conxelado, en competencia directa con produtos da flota atuneira galega ou da produción da nosa industria conserveira. Tamén no caso de Taiwan achegan, con moitas dúbidas sobre a ilegalidade da súa procedencia, exportacións de peixe e marisco fresco e outros subprodutos, como aceites, que tamén comercializa Galicia pero, a diferenza destes países, cumprindo dun xeito escrupuloso a normativa internacional sobre pesca sostible.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: