• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 20 01 b
Consello da Xunta: Marisqueo »

Comisión de Pesca 20 01 d

20, Xaneiro 2016 por Admin B

Balseiro acusa á oposición de empregar á flota do cerco só con intereses partidistas e di que lles interesa afondar na división dos seus profesionais para manter a polémica e obter réditos a curto prazo

O GRUPO POPULAR DEFENDE A VÍA DE DIÁLOGO ABERTA POLA XUNTA CO CONXUNTO DO CERCO GALEGO E CONVIDA Á OPOSICIÓN A SUMARSE CON PROPOSTAS CONSTRUTIVAS

 cerco-gallego

  • Felicitan aos distintos representantes da flota por apoiar a proposta deseñada pola Consellería do Mar a petición do propio sector que consiste en establecer unha “base mínima” de posibilidades de pesca para os barcos que non dispoñen de cota.

Santiago, 20 de xaneiro de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe a “vía de participación e diálogo” aberta pola Consellería do Mar co sector do cerco galego e convidou á oposición “a sumar propostas construtivas para esta flota”.

 Os populares apoian, deste xeito, a iniciativa do Goberno autonómico cando promoveu distintas xuntanzas para que “os representantes do cerco galego no seu conxunto e sen exclusións” busquen un acordo consensuado sobre o reparto de cota.

 En particular Balseiro felicitouse polas posicións favorables que os distintos representantes da flota adiantaron á proposta deseñada pola Xunta, a petición do propio sector, e que consiste en establecer unha “base mínima” de posibilidades de pesca para os barcos que non dispoñen de cota.

 Segundo o Grupo Popular esta acordo “permite superar unha escollo importante” e garante a actividade dos profesionais do cerco galego que disporán da asignación dun mínimo de toneladas de xurelo para cada barco en función do seu tamaño, a partires de 10.000 quilos para os máis pequenos (5 GTs).

 INTERESES PARTIDISTAS

Balseiro pronunciouse deste xeito no transcurso do debate dunha iniciativa do PSOE que, na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, foi rexeitada desde o PP porque volvía a pedir a retirada da Orde Ministerial que establece o plan de xestión para o Caladoiro Cantábrico Noroeste.

Os populares manteñen que, non existe o consenso suficiente para actuar deste xeito e indican que mudar o criterio de repartición actual da flota do cerco que combina as capturas históricas co reparto en función do número de tripulantes, para quedarse só con este último, prexudicaría á flota galega de cerco no seu conxunto.

En todo caso reclamou “responsabilidade” á oposición a quen acusou de persistir nunha estratexia que busca “empregar á flota do cerco só con intereses partidistas”. Para Balseiro si desde o PSOE, BNG e AGE non rectifican amosan que “só lles interesa afondar na división dos profesionais do cerco galego para manter a polémica e obter réditos a curto prazo”, algo que para nada ten que ver coa defensa dos intereses xerais da pesca galega.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: