Máis protección para o marisqueo a pé

Balseiro lamenta a “intransixencia” do deputado Juan Fajardo que non aceptou a emenda proposta polo Grupo Popular para ampliar o réxime de protección que ampara a estas profesionais do marisqueo a pé

O VETO DE AGE IMPIDE UN ACORDO NO PARLAMENTO PARA EXPLORAR NOVAS AXUDAS ÁS MARISCADORAS A PÉ DA RÍA DE AROUSA AFECTADAS POLOS CESES TEMPORAIS DE ACTIVIDADE

marisqueo-ribadeo4

  • O deputado lembra que o Goberno galego mantén vixente unha liña de axudas compensatorias á que poden acceder armadores e tripulantes de embarcacións afectadas pola paralización e para as que a Xunta destina preto de dous millóns de euros
  • As mariscadoras a pé “tampouco quedan desprotexidas” xa que poden solicitar no ISM o subsidio por cese de actividade ao que teñen dereito os traballadores autónomos que cotizan no Réxime Especial do Mar

Santiago, 20 de xaneiro de 2016.- O veto de Alternativa Galega de Esquerdas impediu esta mañá no seo da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia que prosperase un acordo, que incorporaría unha emenda do Grupo Popular, na que se instaba á Xunta a buscar a fórmula axeitada para que as mariscadoras a pé da Ría de Arousa afectadas pola paralización temporal de actividade, e o conxunto das mariscadoras a pé galegas en similar situación, poidan acollerse a axudas dirixidas a atender as súas necesidades económicas no período transitorio durante o que non poden realizar o seu traballo.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo aclarar que na actualidade xa está vixente unha liña de axudas compensatorias para os profesionais do marisqueo da ría de Arousa, aprobada o pasado 30 de decembro e que conta cun orzamento de preto de dous millóns de euros. A estas axudas poden acceder armadores e tripulantes daquelas embarcacións afectadas pola paralización temporal. Estas están circunscritas só a estes dous colectivos “como requisito obrigado polo Regulamento europeo que se lles aplica, ao estar financiadas con cargo a fondos comunitarios”.
ACCESO AO SUBSIDIO DO ISM

Balseiro aclarou que isto non significa que as mariscadoras a pé queden desprotexidas. Para este outro colectivo está previsto o sistema específico de protección para os traballadores autónomos por cese de actividade, que xestiona o Instituto Social da Mariña (ISM). As profesionais do marisqueo a pé xa coñecen esta posibilidade porque, de acordo coa información facilitada polo ISM, entre os anos 2013 e 2014 foron aprobadas 194 solicitudes deste tipo de subsidios por suspensión de actividade.

UN MARCO DE PROTECCIÓN MÁIS AMPLO

Con todo, desde o Grupo Popular defendían na súa emenda a necesidade de explorar o novo marco legal para ampliar o réxime de protección previsto para estas profesionais do marisqueo a pé, incluído a posibilidade de beneficiarse das novas axudas financiadas por fondos europeos ás que agora non poden acceder.

“Lamentablemente esta posibilidade foi bloqueada pola intransixencia do deputado de AGE, Jose Manuel Fajardo, máis interesado en evitar o acordo que en buscar novos apoios ás profesionais do marisqueo da ría de Arousa e do conxunto de Galicia”-explicou Balseiro.

O deputado popular dixo que a nova vía de axudas que propoñían desde o Grupo Popular operaría como un seguro á produción, vinculado á transformación do marisqueo en acuicultura, un proceso contemplado na súa futura lei reguladora e de carácter totalmente voluntario. As profesionais do marisqueo a pé e as confrarías que aposten por esta nova fórmula si poderán acollerse ás axudas á acuicultura contempladas nos novos fondos FEMP que Europa pon a disposición do sector marítimo e que doutro xeito non terían