• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Consello da Xunta: Marisqueo
Pleno do Parlamento 26 01 16 »

Opinión

22, Xaneiro 2016 por Admin B

 

Galicia tamén combate a pesca ilegal

Foto Balseiro Parlamento

Na última sesión da Comisión de Pesca do Parlamento galego a oposición aseguraba en ton burlesco que defender, como fixo o PP, unha iniciativa instando ás administracións a estar vixiantes ante os países que practican a pesca ilegal é no falar dos verdadeiros problemas do sector. Probablemente a estes deputados parécelles frívolo combater prácticas coas que se destrúen os hábitats mariños ou se distorsiona a competencia, introducindo produtos de baixa calidade e cuestionables garantías sanitarias.

A flota galega, a diferenza do que fan algúns destes países, cumpre dun xeito escrupuloso a normativa sobre pesca sostible e leva anos realizando enormes esforzos e apostando por artes e aparellos máis selectivos e sostibles. Sacrificios baleiros se permitimos que outros países non teñan o mesmo compromiso. Nada disto parece ter importancia para unha oposición empeñada en xerar crispación e dividir ao sector, incapaz de propoñer iniciativas construtivas e obsesionada en desvirtuar aquelas que, dun xeito positivo, o Grupo Popular impulsa .

Quizá PSOE, BNG e AGE ignoran que Comorás e Taiwán, entre outros, exportan filete de peixe conxelado, marisco e aceites mariños que compiten nos mesmos mercados que o noso. Probablemente despois estes mesmos parlamentarios que falan con tanta lixeireza, non teñan tanta valentía para explicar porque que non queren facer nada ante os mariñeiros galegos que poden perder o seu emprego ou ante as traballadoras de conserveiras ou industrias de transformación que ven perigar a súa actividade, consecuencia da competencia desleal que provocan estes produtos foráneos.

Claro que hai moitas cuestións para debater na Cámara galega en relación coa mellora da actividade das mulleres e dos homes do mar en Galicia. Facémolo en cada sesión. Pero o combate da pesca ilegal é tamén unha das preocupacións da nosa flota. Se a oposición é tan irresponsable para burlarse desta cuestión alá eles, pero desde o Grupo Popular seguiremos defendendo os intereses de Galicia aquí e nos mares e océanos máis afastados do mundo onde teñamos algo que dicir e protexer.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: