Pleno do Parlamento 26 01 16

Balseiro pide á oposición que non se aproveite da división do sector e propoña solucións construtivas, como as que se están acordando nas xuntanzas impulsadas pola Consellería do Mar

O GRUPO POPULAR PON EN VALOR OS RESULTADOS DA MESA DE TRABALLO ENTRE A XUNTA E O SECTOR PARA A MELLORA DA ACTIVIDADE DA FLOTA DO CERCO GALEGO NO SEU CONXUNTO

Balseiro pleno R

  • Grazas ao acordo proposto pola Xunta, a solicitude do sector, ningún barco galego do cerco quedará sen posibilidades de pesca ao recibir unha cota mínima en función do seu tamaño
  • O Goberno galego tamén defende que non conten as sancións por sobrepesca este ano, o que suporá un importante aumento de cota para cada barco

Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu esta tarde no Pleno do Parlamento que o Goberno galego quere acadar as mellores condicións para a flota do cerco no desenvolvemento da súa actividade. Por todo iso, puxo en valor o resultado das xuntanzas que está a manter a mesa de traballo constituída entre a Consellería do Mar e a totalidade dos representantes do sector, e que busca mellorar a actividade da flota do cerco galego no seu conxunto.

Balseiro puxo exemplos destas medidas positivas lembrando que grazas ao acordo proposto pola Xunta, a solicitude do sector, ningún barco galego do cerco quedará sen posibilidades de pesca ao recibir unha cota mínima en función do seu tamaño. “Unha proposta que a Consellería xa fixo fai dous anos pero que daquela foi rexeitada inexplicablemente”, lembrou.

O portavoz popular indicou tamén que o Goberno galego defendeu, na última reunión ante o Ministerio, que non conten as sancións por sobrepesca este ano, o que suporá un importante aumento de cota para cada barco. “Sancións por certo, que se impuxeron en época de Goberno do PSOE cando se practica pesca sen xestión e sen control”, explicou.

CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE

Balseiro fixo estas declaracións no transcurso do debate plenario dunha moción do BNG sobre e cerco, na que desde o Grupo Popular reclamaron responsabilidade á oposición para que non aproveite con intereses partidistas a división do sector (non todos os colectivos son favorables a mudar os actuais criterios de reparto) e propuxo aos seus voceiros que propoñan solucións construtivas, como as que se están acordando na mesa de traballo impulsada pola Consellería do Mar.

O deputado popular volveu a insistir en que un reparto lineal por tripulante (como demandan desde a oposición) sería negativo para o conxunto do cerco galego e indicou que non poderán pedir á Consellería do Mar que defenda unha postura na que Galicia perda. Aclarou, en todo caso, que si existe un criterio de reparto que acada maior consenso entre o sector e que favoreza a Galicia, tanto o Partido Popular como seguro tamén a Xunta serán os primeiros en defendela.

Balseiro rematou insistindo tamén no negativo que suporía a volta ao modelo anterior, caracterizado pola pesca olímpica, “sen límites nin control, que deu lugar a importantes sancións e que foi consagrado en tempos do PSOE”. Neste sentido, dixo que “os experimentos están moi ben, pero cando poden hipotecar o futuro do sector, estes deben facerse desde o rigor”.