Pleno do Parlamento 10/02/2016

José Manuel Balseiro acusa á oposición de estar desinformando “facéndose pasar por falsos expertos” e considera un sinsentido que alguén se opoña a impulsar un proceso de diálogo

O GRUPO POPULAR APOIA A VONTADE DA XUNTA DE CONSENSUAR CO SECTOR “SEN LIÑAS VERMELLAS” A FUTURA LEI DE ACUICULTURA

Marcolax

  • O portavoz do Mar insiste en que o Goberno galego non vai a lexislar nada en contra dos profesionais do mar e aplaude a iniciativa da conselleira que, en primeira persoa, dialoga e mantén reunións para obter un articulado de consenso

Santiago, 10 de febreiro de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou hoxe o apoio do PPdeG á iniciativa do Goberno galego de consensuar co sector a futura Lei de acuicultura. Neste sentido, considerou “acertada a paralización da tramitación do anteproxecto de lei para someter o texto deste borrador a un diálogo con todos os axentes protagonistas do mundo do mar e obter así un articulado de consenso”.

Balseiro apunta como “moi positivo” que a conselleira do Mar, Rosa Quintana, en primeira persoa, manteña estes encontros baixo a premisa de que todo é susceptible de negociar e modificarse.

NON VAMOS A LEXISLAR NADA EN CONTRA DO SECTOR

“Non entenderíamos que a oposición poida opoñerse a este diálogo, ou que haxa xente que non queira falar, cando non hai liña vermellas e existe o compromiso de someter a todos e cada un dos artigos á opinión do sector e a posibles cambios”, apuntou

O voceiro do Mar foi moi crítico cos partidos da oposición aos que acusou de estar desinformando “disfrazados de falsos expertos, nas distintas charlas que baixo a aparencia de apolíticas convocan en varios puntos de Galicia, cando a realidade é que nin coñecen o contido do anteproxecto”.

Balseiro cre que socialistas e nacionalistas “están tristes porque a eles lles interesaba que o anteproxecto seguira adiante”, pero indicou que o Goberno galego “escoitou o que dixeron os representantes do sector, algúns alcaldes e concelleiros, e por iso paralizou o anteproxecto para acadar maiores consensos”.

Por último, lembrou que o Partido Popular “lexisla para a sociedade e nunca fará nada en contra do sector”.