• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pleno do Parlamento 10/02/2016
Lei de acuicultura »

Consello da Xunta 18 02

19, Febreiro 2016 por Admin B

OS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO BENEFICIARANSE DE MÁIS DE 48 MILLÓNS DE EUROS PARA A EXECUCIÓN DAS SÚAS ESTRATEXIAS ATA 2020 ESTRATEXIAS ATA 2020

image_gallery

09,30 h.- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidirá a reunión do Consello da Xunta. Na sala de Consello. foto xoán crespo 10/02/16

  • O Consello da Xunta analizou hoxe un informe que re O Consello da Xunta analizou hoxe un informe que recolle o proceso de lle o proceso de implantación dos GALP en Galicia e todas as actuacións levadas a cabo pola Consellería do Mar para a posta en funcionamento destes grupos stes grupos
  • O departamento que dirixe Rosa Quintana deu por con O departamento que dirixe Rosa Quintana deu por concluída a selección dos cluída a selección dos GALP e a aprobación das súas estratexias a finais d GALP e a aprobación das súas estratexias a finais de xaneiro e a nosa e xaneiro e a nosa Comunidade Comunidade omunidade converteuse converteuse converteuse na primeira de España en facelo

A Consellería do Mar destina máis de 48 millóns de euros para o desenvolvemento das estratexias de desenvolvemento local participativo dos grupos de acción local do sector pesqueiro GALP (coñecidos no período 2007-2013 como grupos de acción costeira ou GAC) no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. Así o reflicte o informe presentado hoxe no Consello da Xunta, no que se dá conta do proceso de implantación en Galicia destes grupos.

Deste xeito, ao GALP da zona da Mariña Ortegal correspóndenlle máis de 7,6 millóns de euros para a execución de proxectos; ao do Golfo Ártabro Norte, máis de 6,1, e ao da Costa da Morte, máis de 7,3 millóns de euros. No caso do grupo da Ría de MurosNoia, disporá dun importe superior aos 9,4 millóns; o da Ría de Arousa, de máis de 7,4 millóns; o da Ría de Pontevedra, de preto de 5,8 e o da Ría de Vigo-A Guarda contará con 5 millóns para a posta en marcha das súas iniciativas.

Neste informe relátanse todas as actuacións levadas a cabo pola Consellería do Mar para a posta en funcionamento dos GALP. Así, sinálase que en abril de 2015 a Consellería do Mar publicou a convocatoria de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro para a elaboración de estratexias de desenvolvemento local participativo no horizonte 2020. En xullo foron seleccionadas as asociación candidatas.

Coas sete asociacións escollidas (Golfo Ártabro Norte, A Mariña Ortegal, Costa da Morte, Ría de Muros- Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo- A Guarda), a Consellería do Mar asinou convenios por un importe total de 169.000 euros para a elaboración das súas estratexias. Queda unha zona sen cubrir, que poderá ser seleccionada antes do 31 de decembro 2017.

Ademais, no mes de decembro, o Consello da Xunta deu o seu visto e prace a un convenio tipo que se asinará proximamente por importe de 14,1 millóns de euros. Este acordo ten como obxectivo financiar os gastos de funcionamento e animación dos GALP para a aplicación das súas estratexias e permitiranlles xestionar e controlar as axudas que se tramiten para desenvolver as iniciativas.

Finalmente, o departamento que dirixe Rosa Quintana emitiu unha resolución por cada un dos GALP a finais de xaneiro, na cal se especifica a selección dos grupos e o seu ámbito territorial, as súas obrigas básicas de xestión, a aprobación das estratexias, a asignación económica global para cada grupo e a específica para os gastos de funcionamento e promoción na súa zona de influencia, entre outras cuestións. Con este último paso danse por constituídos os GALP e a nosa Comunidade converteuse na primeira de España en seleccionar os grupos e aprobar as súas estratexias.

Os grupos de acción local do sector pesqueiro dan continuidade ao traballo desenvolvido desde os grupos de acción costeira. Estas organizacións son entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal promovidas pola Unión Europea, formadas por axentes, tanto públicos como privados, das sete zonas de actuación constituídas, e traballan co fin de mellorar a capacidade organizativa do sector pesqueiro e de fomentar a diversificación para os profesionais do mar.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2016
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    29  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: