Lei de acuicultura

O portavoz de Pesca, José Manuel Balseiro, lamentou que o sector “non entendera ou non apoiara este borrador”

O PPDEG CONSIDERA “ACERTADA” A RETIRADA DO BORRADOR DA LEI DE ACUICULTURA, QUE “DEMOSTRA QUE O GOBERNO GALEGO CUMPRE E NON LEXISLA SEN TER O CONSENSO DO SECTOR”

Parlamento de Galicia

• Balseiro dixo que “a decisión está tomada” e anunciou que o Grupo Popular apoiará esta tarde no Pleno unha moción que pide a retirada do anteproxecto da Lei de Acuicultura

Santiago, 23 de febreiro de 2016.- O portavoz de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, considerou “acertada” a decisión anunciada esta mañá pola conselleira do Mar de retirar o borrador da Lei de Acuicultura, o que “demostra que este Goberno cumpre o que di cando anunciou que non ía lexislar sen ter o consenso do sector”.

Balseiro lamentou que o sector marisqueiro e acuícola “non entendera ou non o apoiara este borrador” e manifestou que o Goberno galego adoptou a decisión de retirar este anteproxecto logo de “escoitar ao sector, así como alcaldes e concelleiros do Partido Popular que tamén amosaban o rexeite a este texto”.

APOIO Á MOCIÓN

“A decisión esta tomada e non hai que darlle máis voltas”, afirmou José Manuel Balseiro, quen tamén anunciou que o Grupo Popular apoiará esta tarde no Pleno unha moción que demanda a retirada do anteproxecto da Lei de Acuicultura.

Respecto da solicitude de dimisión da conselleira do Mar, o portavoz popular destacou que “ten demostrado sobradamente que traballa polo ben de Galicia e das xentes do mar”, e apuntou que “se alguén tería que dimitir serían aqueles que estiveron desinformando ao sector sobre este borrador da Lei de Acuicultura”.