Comisión de Pesca 08 03 2016 b

Balseiro lembra que preto de 4.000 persoas dependen dos ingresos do marisqueo en Galicia, na súa modalidade a pé e a maioría mulleres

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA AFIANZAR A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA DIRIXIDA A OBTER MARISCOS BIVALVOS MÁIS RESISTENTES

 marisqueo-ribadeo4

  • A consellería confirma, a preguntas de Balseiro, que está en elaboración un convenio bilateral entre España e Francia que ofrecerá garantías para que os mariñeiros e armadores españois enrolados en barcos de bandeira gala poidan seguir cotizando no noso país

Santiago, 8 de marzo de 2016.- O Parlamento galego aprobou esta tarde a iniciativa impulsada polo Grupo Popular na que se insta á Xunta a afianzar as liñas de investigación científica dirixidas a obter semente de bivalvos máis resistentes (ameixas, berberechos ou mexillóns, entre outras especies), menos vulnerables a pragas, parasitos e predadores.

 O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou que “non se trata de ningún experimento estrafalario senón en afondar nunha liña de investigación científica que busca a mellora xenética da semente producida, a través da selección natural daqueles individuos máis resistentes, de tal xeito que os profesionais dispoñan de produto en calidade e cantidade suficiente para facer o seu aproveitamento”.

 4.000 FAMILIAS GALEGAS

 En Galicia moitos destes esforzos científicos están a desenvolverse por organismos dependentes da Consellería do Mar, como o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) ou o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA)

 Balseiro lembrou que “o marisqueo ten unha gran importancia en Galicia, tanto desde o punto de vista social como económico, e constitúe unha actividade laboral a salientar en centos de vilas e pobos da nosa costa”. Deste xeito, concretou que desta actividade dependen os ingresos de preto de 4.000 persoas, na súa maioría mulleres cando se trata do marisque a pé e, pola contra, o marisqueo á flote esta desempeñado fundamentalmente por homes.

 COTIZACIÓN DOS MARIÑEIROS EN BUQUES FRANCESES

 Por outra banda, Jose Manuel Balseiro formulou unha pregunta á secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, interesándose sobre a situación na que se atopan as negociacións coas autoridades francesas para pactar a cotización dos armadores e tripulantes dos barcos galegos abandeirados en Francia

 Desde a Xunta confirmaron que o ISM está redactando neste momento un convenio bilateral que subscribirá o Estado español e o francés, e que terá por obxecto manter o statu quo actual, é dicir, que aqueles que veñen cotizando en España poidan seguir facéndoo.

 Balseiro insistiu na necesidade de que a Xunta manteña a súa posición activa en orde a acadar a sinatura deste convenio e facilite un fluxo de información permanente cos armadores e tripulantes, tal e como se vén facendo, para defender os intereses dos mariñeiros galegos.

 Balseiro sostivo que a Consellería do Mar “nunca estivo de mans cruzadas na defensa dos intereses dos mariñeiros galegos e ata tal punto foi así que si Xunta e Goberno central non tiveran intervido a situación sería moi distinta e estaríamos falando de que, superado o mes de xaneiro, hoxe serían firmes moitas sancións potenciais sancións aos 530 mariñeiros implicados”.