• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Gardacostas
Artigo seguinte »

Consello da Xunta

31, Marzo 2016 por Admin B

A PRÓXIMA SEMANA COMEZAN OS TRATAMENTOS CON RADIACIÓNS IONIZANTES NO ACELERADOR LINEAL DE RECENTE INSTALACIÓN NO HOSPITAL LUCUS AUGUSTI

DCSS

O titular do Goberno galego, Alberto Nœ–ez Feij—o, presidir‡ a reuni—n do Consello da Xunta.

  • Trátase do principal arsenal terapéutico contra o cancro, de alto grao de especialización; un tratamento eficaz, preciso e seguro

Esta semana recibíronse os primeiros pacientes nas consultas do novo Servizo de Radioterapia do Hospital Lucus Augusti, e durante a próxima semana iniciaranse os tratamentos con radiacións ionizantes no acelerador lineal de recente instalación. Trátase do principal arsenal terapéutico contra o cancro, de alto grao deespecialización, eficaz, preciso e seguro.

 Esta nova tecnoloxía que se pon en marcha no HULA permitirá ofrecer con maior accesibilidade e proximidade os tratamentos máis punteiros de radioterapia para os pacientes lugueses que padecen cancro.

 O acelerador lineal que entrou en funcionamento incorpora banda tecnolóxica innovadora e inclúe dúas modalidades de altas prestacións (técnicas de tratamento): a radioterapia intensidade modulada (IMRT) e a radioterapia guiada por imaxe (IGRT). O servizo inicia a súa actividade con seis pacientes ao longo da primeira semana de abril e irase realizando un crecemento progresivo a medida que os profesionais vaian finalizando as simulacións e precisións que precisan os equipos desta tecnoloxía. Está previsto que acade o seu óptimo rendemento en mes e medio, con 15-20 usuarios diarios.

 Este incremento gradual de actividade asistencial permitirá ir asumindo os pacientes a tratamento con radioterapia do cancro que actualmente tiñan que desprazarse á Coruña para seren atendidos.

 Así mesmo, despois do verán está previsto que sexa instalado un novo equipo, un segundo acelerador lineal que incorpora banda extensiva, para seguir aumentando o rendemento deste novo Servizo de Radioterapia de Lugo.

 O investimento tecnolóxico realizado pola Xunta de Galicia para poñer en marcha estas altas prestacións na provincia de Lugo ascende a un total de 7.757.846,73 euros.

Deste xeito, increméntanse e mellóranse ratios e realízase un salto tecnolóxico como un paso máis na dotación de alta tecnoloxía no Sergas, como obxectivo básico e irrenunciable, ofrecendo una atención asistencial cos mellores recursos e especialistas dispoñibles.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2016
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: