• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Consello da Xunta
Comisión de Pesca (05/04/2016) »

1, Abril 2016 por Admin B

O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, lembra que a lexislación vixente xa contempla unha exención e beneficios fiscais para estas comunidades veciñais

O GRUPO POPULAR CUALIFICA DE SINSENTIDO QUE A OPOSICIÓN SOLICITE QUE AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS NON PAGUEN O IMPOSTO DE BENS INMOBLES CANDO XA ESTÁN EXENTAS

 Sin título

  • Balseiro apuntou que estas comunidades dispoñen dunha tributación especial no imposto de Sociedades, ata o punto de que non teñen que facer declaración naqueles períodos impositivos en que non obteñan ingresos ou poden desgravarse os investimentos realizados no propio monte

 

Santiago, 1 de abril de 2016.- O voceiro da área forestal do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, considerou “un sinsentido” que toda a oposición apoiara hoxe unha proposición non de lei do BNG solicitando que as comunidades de montes veciñais non paguen o imposto de bens inmobles (IBI), “cando xa están exentas”. Neste sentido, defendeu a aplicación deste beneficio previsto na norma en consideración coa natureza e función social que desempeñan estas agrupacións forestais.

 Balseiro indicou que a propia normativa reguladora dos montes veciñais en man común cualifica estes bens como indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables, polo que, “sen espazo para a dúbida non están suxeitos a contribución algunha de base territorial nin á cota empresarial agraria”.

 IMPOSTO DE SOCIEDADES

 Situación similar acontece co imposto de Sociedades que, trala reforma operada en 2014 (Lei 27/2014, do 27 de novembro) a iniciativa do Partido Popular, establece un réxime particular de tributación especial para as comunidades de montes.

 En concreto, se lle recoñece unha serie de reducións da base impoñible do imposto e unha gran flexibilidade á hora de favorecer os investimentos no propio monte polos que teñen dereito a desgravarse o gasto realizado.

 Incluso a propia norma establece que as comunidades titulares de montes veciñais en man común non estarán obrigadas a presentar declaración por este Imposto naqueles períodos impositivos en que non obteñan ingresos.

 Precisamente por todas estas razóns o deputado popular asegurou que a oposición fixo o ridículo cando, na Comisión de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia que tivo lugar esta mañá, amosou o seu apoio a unha iniciativa do BNG que reclamaba unha exención e beneficios fiscais para estas comunidades de montes que as propias leis vixentes xa contemplan.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: