Iniciativa parlamentaria

Balseiro lembra que onte se aprobaba, a iniciativa do PPdeG, un acordo para outorgar o máximo recoñecemento institucional a este colectivo tras 25 anos de servizo público

O GRUPO POPULAR PIDE QUE OS GARDACOSTAS DE GALICIA POIDAN BENEFICIARSE DOS COEFICIENTES REDUTORES CARA A XUBILACIÓN

 IMG_7489

  • O portavoz do Mar cualificou de “xusta” esta petición, que implicaría impulsar as reformas normativas necesarias para incluír ao cadro de persoal dos Gardacostas no Réxime Especial do Mar

 

Santiago, 6 de abril de 2016.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que reclama impulsar as xestións e reformas normativas que estimen precisas para garantir que o persoal do servizo de Gardacostas de Galicia poidan beneficiarse da aplicación dos correspondentes coeficientes redutores de cara a súa xubilación.

 Para acadar este obxectivo, o Grupo Popular propón que se incorpore o cadro de persoal deste servizo autonómico no Réxime Especial dos Traballadores do Mar ou, en todo caso, que se permita o acceso aos beneficios propios deste sistema, como é a percepción da pensión con anterioridade ao cumprimento da idade mínima esixida para a xubilación ao ter en conta cun cómputo distinto o tempo traballado no mar.

 O voceiro popular de Pesca, Jose Manuel Balseiro, explicou que “esta foi unha das demandas trasladadas polos traballadores deste servizo nos encontros que se desenvolveron en pasadas datas”, ao tempo que lembrou que onte mesmo se aprobaba no Parlamento de Galicia, a iniciativa do PPdeG, un acordo para outorgar o máximo recoñecemento institucional a este colectivo tras 25 anos de servizo público. “Hoxe desde o PPdeG queremos propoñer medidas prácticas e concretas en beneficio destes profesionais”,  indicou.

 DEMANDA XUSTA

 Balseiro considera que dar acceso a estes beneficios de cara á xubilación “é unha demanda xusta duns profesionais que desenvolven a súa actividade no mar, en condicións similares a outros traballadores do eido marítimo-pesqueiro e que, ata o ano 1990 estaban cotizando neste réxime especial do mar”.

 O deputado popular lembran que Gardacostas de Galicia dispón dun cadro de persoal próximo aos 239 profesionais que desenvolven a súa actividade tanto nos servizos centrais como nas distintas localidades costeiras onde teñen a súa sede estes servizos e dispostos os seus medios materiais, isto é, as unidades operativas de Celeiro, Ferrol, Coruña, Muxía-Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo.