Comisión 7ª (15/04/2016)

O voceiro da área forestal, Jose Manuel Balseiro, censura a falta de iniciativa do BNG que reitera unha demanda que xa foi debatida e rexeitada polo menos noutras cinco ocasións no Parlamento galego

 O GRUPO POPULAR DI QUE CONDONAR AS DÉBEDAS QUE MANTEÑEN ALGUNHAS COMUNIDADES DE MONTES COA XUNTA SUPORÍA DISCRIMINAR A TODAS AQUELAS QUE XA REINTEGRARON OS CARTOS

la foto

  • Os convenios que se asinaron cos montes veciñais permitiron que estes recibiran fondos públicos en concepto de anticipio para facer fronte a distintos gastos como os das replantacións forestais pero co compromiso de reintegralos
  • A Conselelría de Medio Rural comprometeuse coas comunidades de montes debedoras a que no proceso de cancelación destes convenios se levará a cabo unha revisión detallada da contabilidade dos montes e do cumprimento dos fins para os que se asinaron os convenios

 

Lugo, 15 de abril de 2016.- O voceiro da área forestal do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu que a iniciativa do BNG na que reclama condonar as débedas que algunhas comunidades de montes veciñais manteñen coa Xunta crearía unha situación discriminatoria fronte ás comunidades de montes que xa abonaron o que debían ou fronte a aquelas que xestionaron os seus montes polos seus propios medios sen recibir axudas públicas.

O deputado popular, censurou tamén a falta de iniciativa do BNG que reitera unha demanda que xa foi debatida e rexeitada polo menos noutras cinco ocasións no Parlamento galego co mesmo resultado.

 Balseiro lembrou que os convenios asinados por estas comunidades de montes implicaban recibir un diñeiro público que a administración deu en clave de anticipo para axudar a financiar diversos traballos, entre eles as novas plantacións, pero aclarou que, en todo momento aquelas comunidades que asinaban o convenio, eran perfectamente coñecedoras de que había que reintegrar eses fondos.

DETERMINACIÓN DA DÉBEDA

 Balseiro puxo en valor que a Consellería do Medio Rural asumiu o compromiso de revisar detalladamente a contabilidade das comunidades de montes debedoras durante o proceso de cancelación ou substitución dos consorcios e convenios. Dispoñen, polo tanto, de totais garantías de que o cálculo dos importes a devolver será o correcto.