• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión 7ª (15/04/2016)
Conserva »

Axudas

16, Abril 2016 por Admin B

Balseiro anima aos residentes no rural lucense a acollerse á liña de axudas da Xunta dirixidas á creación de pequenas empresas non agrícolas

Balseiro

32 concellos lucenses tendrán preferencia á hora de solicitar e recibir estas axudas

Lugo, 14 de abril de 2016.- O deputado do Grupo Popular e secretario da Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, explicou este venres que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ten aberto o prazo de solicitude dunha liña de axudas por valor de 3,5 millóns de euros dirixida á creación e desenvolvemento de empresas non agrícolas no rural.

O parlamentario popular salientou que a provincia de Lugo será unha das máis beneficiadas por estes apoios autonómicos xa que logo a superficie rural representa máis do 80% do total do seu territorio e, nesa liña, animou aos lucenses a solicitar estas axudas tendo en conta o amplo perfil dos posibles beneficiarios: poderán ser desde pequenas empresas de menos de 50 traballadores, a persoas físicas que residan no rural ou familias titulares dunha explotación agraria que decidan diversificar as súas actividades en ámbitos non agrícolas.

Balseiro tamén quixo destacar o importe das axudas a recibir que alcanzará o 45% do investimento total, cunha achega máxima de 200.000 euros. O Goberno galego destina a estes apoios recursos propios e tamén fondos europeos procedentes do Feader. O prazo de presentación de solicitudes remata o sete de maio e, na web da Xunta e do AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) están dispoñibles os formularios correspondentes

PROXECTOS SUBVENCIONABLES
Balseiro aclarou que entre os proxectos que poderán ser obxecto de subvención figuran aqueles relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios, a prestación de servizos en calquera sector económico (agás empresas de maquinaria agrícola e forestal e de servizos enerxéticos) e outras actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

Tamén están incluídos calquera proxecto a impulsar no ámbito dos servizos sociais (garderías, coidado de anciáns e persoas con discapacidade), actividades de ocio, recreativas e deportivas, artesanía, novas tecnoloxías ou comercio polo miúdo.

Hai unha liña específica para a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) sempre que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo e tamén para investimentos destinados a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas (exclúense as actuacións en bares e cafetarías)

E no ámbito da actividade turística de aloxamento poderán subvencionarse investimentos destinados ao aumento de categoría do establecemento e outras actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

PREFERENCIA EN 32 CONCELLOS LUCENSES
Entre os criterios que se terán en conta á hora de conceder as axudas están a localización dos proxectos a executar. Neste sentido Balseiro salienta que ata 32 concellos lucenses, considerados zonas de montaña en aplicación dunha seria de criterios regulados pola Unión Europea, disporán de puntuación adicional no baremo, aínda que os residentes en todos municipios os lucenses poden concorrer ás axudas.

Os receptores preferentes das axuda son os concellos de Abadín, Alfoz, Baleira, Becerreá, Carballedo, Cervantes, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Xermade, Guitiriz, O Incio, Láncara, Meira, Mondoñedo, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Triacastela, Valadouro, Baralla. Tamén reciben máis puntuación no baremo de selección de proxectos aqueles concellos máis envellecidos,

Finamente a Xunta primará outros aspectos como a tipoloxía do promotor (con preferencia para as mulleres, persoas menores de 35 anos, con discapacidade ou desempregados maiores de 55 anos) e o número e calidade dos empregos creados.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MEDIO RURAL |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: