Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 20 Abril 2016

Comisión 6 Burela (20/04/2016)

Prospera a iniciativa impulsada polos deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra

O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR EN APOIO DA DECLARACIÓN DA FEIRA DO BONITO DE BURELA COMO CITA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL

 Sin título12

  • O acordo insta á Xunta a colaborar coa Asociación Ledicia e co Concello na difusión deste evento nos medios de comunicación nacionais, un requisito obrigado pola lexislación vixente para acadar este recoñecemento
  •  Salienta o arraigo e colaboración veciñal na organización desta Feira, a importancia gastronómica do bonito, un peixe clave que identifica a flota artesanal local e a capacidade de atraer visitantes e acoller turistas que ofrece este evento


(máis…)

Read Full Post »

Comisión 8 (20/04/2016) As Pías Ferrol

Os deputados populares apoiaron un acordo unánime no Parlamento de Galicia dirixido a avanzar no remate do Plan de Saneamento Integral da ría de Ferrol

O GRUPO POPULAR ANUNCIA QUE A XUNTA XA TEN PREVISTO IMPULSAR DE XEITO INMINENTE UN PLAN DE REXENERACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DAS PÍAS EN FERROL

marisqueo as pias /

  •  A Consellería tramita unha encomenda de xestión que dará continuidade aos traballos executados nesta zona no pasado, entre outros a retirada do mexillón, arados, control de depredadores, achegas de area e descompactación do substrato
  •  Balseiro discrepou co BNG sobre o funcionamento da batea de reinstalación de moluscos que permitiu que a ría de Ferrol recuperase no ano 2015 o nivel de capturas e vendas en fresco de bivalvos anterior ao do peche dos bancos por zona C

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión 8ª (20/04/2016)

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, di que a decisión europea atenta contra os intereses de 300 barcos galegos aos que as forzas da oposición deciden darlle as costas

O PARLAMENTO GALEGO, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, AMOSA A SÚA OPOSICIÓN ANTE O VETO EUROPEO Á FLOTA DE ARRASTRE DE FONDO

 cOMISION 8 17-09-2014 (15).jpg

  • O acordo pide tamén que a restrición se adapte á natureza e vulnerabilidade dos espazos obxecto de aproveitamento pesqueiro e que se avance no cartografado dos fondos mariños

 

  • Balseiro criticou que a oposición boicotee a posibilidade dun acordo unánime que reflicte as demandas da flota e censuran sobre todo a posición de AGE, favorable ás teses prohibicionistas e obsesionada en criminalizar a actividade da flota do arrastre

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión 8ª (20/04/2016 b)

Jose Manuel Balseiro lembra que o número de produtores galegos que certifican o seu mexillón baixo a Denominación de Orixe Protexida é hoxe minoritario no conxunto do sector

O PPDEG APOIA A INICIATIVA DA XUNTA DIRIXIDA A ACADAR UNHA DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA COA QUE TODOS OS MEXILLOEIROS GALEGOS POIDAN SENTIRSE REPRESENTADOS

 mejillon

  • Respalda as xestións emprendidas pola Consellería do Mar que avoga polo diálogo entre produtores e conserva como solución para resolver as diferentes interpretacións ás que leva a recente sentenza en materia de etiquetaxe

(máis…)

Read Full Post »

%d bloggers like this: