Pleno do Parlamento 27/04/2016

O voceiro de Montes censura que AGE pretenda desvirtuar esta negociación trasladando ao Parlamento cuestións que teñen que ser obxecto de pacto laboral noutro foro

O GRUPO POPULAR SALIENTA A VONTADE DE SEAGA DE PACTAR MELLORAS LABORAIS PARA OS SEUS TRABALLADORES NO MARCO DUN PROCESO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Balseiro pleno R

  • Balseiro lembrou que a duración dos contratos das brigadas de prevención e extinción de incendios vén condicionada pola súa consideración como persoal de reforzo na época de alto risco

Santiago, 27 de abril de 2016.- O voceiro da área forestal do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou a vontade favorable da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) para pactar melloras laborais dirixidas aos seus traballadores no marco dun proceso de negociación colectiva.

Balseiro emprazou á dirección da empresa e á representación sindical a esforzarse para chegar a un acordo neste sentido, en especial no relativo ás condicións laborais do persoal que forma parte das brigadas de prevención e extinción de incendios.

DURACIÓN DOS CONTRATOS

O portavoz popular censurou que Alternativa Galega de Esquerda (AGE) non respecte os procedementos naturais de negociación entre traballadores e empresa, e pretenda desvirtualos trasladando ao Pleno do Parlamento mediante unha iniciativa cuestións que teñen que ser obxecto de pacto laboral noutro foro.

A modo de exemplo, citou que AGE reclamaba un aumento da duración dos contratos dos profesionais de SEAGA, obviando que este dispositivo esta configurado como un sistema de reforzo durante os meses de alto risco de incendios (habitualmente xuño, xullo e agosto), período que, como é lóxico, condiciona o tempo de duración dos contratos, ao igual que acontece con outras brigadas, como as municipais.

DOBRE FACIANA DE AGE

Balseiro criticou a “dobre faciana de AGE” ao lembrar que, “mentres desde a oposición formulan esta demanda, cando parte deste grupo político integraba o Goberno bipartito realizaban con cargo a SEAGA contratacións por obra ou servizo determinado en períodos incluso inferiores aos tres meses”.

Respecto da posible aplicación do Convenio colectivo da Xunta de Galicia a estes profesionais, o voceiro de Montes tamén lembrou que esta petición “está condicionada á propia negociación sindical na que, incluso, se poderían pactar melloras por riba da que hoxe teñen o persoal que depende directamente da administración autonómica”.