• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pleno do Parlamento 27/04/2016
Conservas Alonso »

Pleno 27/04/2016 b

27, Abril 2016 por Admin B

Jose Manuel Balseiro lamentou que a oposición non quixera sumarse a este acordo dirixido a impulsar un sector que é fonte de riqueza e de emprego para cerca de 12.000 persoas que traballan nas 70 industrias conserveiras galegas

O PARLAMENTO DE GALICIA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, INSTA Á XUNTA A DESENVOLVER O PLAN ESTRATÉXICO DA CONSERVA

 Sin título

  • As medidas buscan consolidar a posición de liderado no mercado de Galicia, comunidade que representa o 85 por cento do volume e valor de produción de toda España
  •  Entre outras medidas, buscarase aumentar o valor engadido do produto en conserva, consolidar as estruturas empresariais existentes, potenciar o I+D+i e a estabilidade dun emprego maioritariamente feminino, fomentando a formación e as medidas de conciliación laboral e familia

Santiago, 27 de abril de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno galego a desenvolver o plan estratéxico do sector da conserva. O portavoz do Mar, José Manuel Balseiro, indicou que “impulsar novos apoios dirixidos a este sector permitirá consolidar a nosa posición de liderado no mercado, reforzando a implicación social e laboral que esta actividade ten en Galicia”.

 O plan estratéxico da conserva, deseñado polo Goberno galego en colaboración cos distintos axentes do sector, pretende ser unha ferramenta que actualiza e integra todas as posibles liñas de actuación e de axuda para o sector. Entre as medidas previstas están as dirixidas a incrementar o valor engadido da produción e consolidar as estruturas empresariais existentes e a posición de liderado nos mercados locais e internacionais.

 Ademais, o plan busca potenciar a competitividade a través dunha maior implicación do sector en actividades de I+D+i, respectar o medio ambiente e garantir a estabilidade e calidade do emprego tras superar uns momentos de dificultade neste ámbito.

 Outro aspecto relevante deste plan ten que ver co recoñecemento do papel da muller neste sector, con medidas que afondan en aspectos tales como o fomento da contratación indefinida, a determinación de políticas de formación e a igualdade de oportunidades vinculada á conciliación da vida laboral e familiar.

 LIDERADO O MERCADO

 Balseiro lembrou que o sector da conserva xera case o 3 por cento do produto interior bruto na Comunidade galega, cifra que se incrementa por riba do 10 por cento en varias comarcas, como é o caso do Barbanza ou Arousa. De feito, en Galicia operan entorno a 70 industrias conserveiras que son fonte de riqueza e de emprego para case 12.000 persoas.

 Con datos pechados de 2015, as conserveiras superaron a súa marca de exportacións e, dentro do sector, Galicia continúa mantendo a súa posición hexemónica, pois as conserveiras galegas coparon máis do 85 por cento do total, tanto en volume como en valor de produción.

 “Apostar pola conserva galega é, a súa vez, xerar oportunidades para seguir achegando ao ámbito nacional e internacional os nosos singulares produtos gastronómicos de calidade, que permiten a Galicia compartir cos consumidores o mellor que ten: a súa cultura, a súa xente do mar, a súa gastronomía única e, en definitiva, a nosa esencia”, concluíu Balseiro.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: