• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Conservas Alonso
Vilagarcia »

Un paso adiante

28, Abril 2016 por Admin B

O secretario do Parlamento salienta que por primeira vez os afiliados escollerán de xeito directo aos seus representantes comarcais e anuncia “un compromiso esixente, coa Mariña como prioridade”

Balseiro presentará  a súa candidatura no vindeiro Congreso Comarcal e aspira a ser o novo coordinador dos populares da Mariña

13102689_1184970871515280_498097393383945791_n

  • ·Apuntou dous factores clave á hora de dar este paso: a súa experiencia política como aval na defensa dos intereses dos veciños e o respaldo recibido entre os alcaldes, portavoces e presidentes locais da comarca

 

  • Entrevista en COPE de La Costa:

 

Viveiro, 28 de abril de 2016.- O secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, anunciou esta mañá en rolda de prensa que presentará a súa candidatura no vindeiro Congreso Comarcal, como aspirante a ser o novo coordinador dos populares da Mariña lucense.

 O deputado popular apuntou dous factores claves á  hora de dar este paso: a súa experiencia política como aval na defensa dos intereses das veciñas e veciños da Mariña -compromiso que quere afianzar- e, en segundo lugar, o respaldo acadado entre os alcaldes e portavoces da comarca, aos que consultou esta pretensión e dos que recibiu o seu apoio.

 Balseiro conta co respaldo dos municipios de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Xove, O Vicedo, Barreiros, Mondoñedo, Riotorto, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Lourenzá, Trabada e A Pontenova e tamén de Cervo, onde falará directamente cos seus veciños militantes, por ser o seu lugar de residencia. Tamén suma o apoio do deputado nacional e do outro parlamentario autonómico, e o dos dous deputados provinciais.

 ELECCIÓN DIRECTA

 Balseiro presentouse como defensor da nova estrutura territorial do PP de Lugo, coa pretensión da revitalizar o papel das comarcas para facer un partido máis pegado ao territorio, máis próximo e participativo e atendo ás necesidades de cada zona.

 Salienta ademais, como un aliciente engadido que, por primeira vez na historia, serán os militantes do PP os que escollerán co seu voto directo ao novo coordinador e ao equipo que o acompañe

 A MARIÑA COMO PRIORIDADE

 Balseiro quixo dirixirse precisamente á gran familia dos afiliados populares da Mariña para pedirlles un voto de confianza e, para iso, promete unha contribución esixente en defensa da Mariña lucense, tal e como ten defendido ata o de agora no Parlamento galego.

 O deputado citou entre outros proxectos impulsados a creación da sala de quimioterapia no Hospital da Costa, a denuncia da discriminación da Deputación do bipartito cando excluíu á Mariña do seu plan de emprego e comprometeuse a que non se esquezan os compromisos pendentes coa sanidade comarcal e as necesarias melloras viarias que quedan por facer.

 Balseiro dixo tamén que buscará crear un equipo que ilusione nunha comarca que proceso electoral tras proceso electoral sempre outorgou o seu apoio maioritario ao Partido Popular. E rematou a súa presentación asegurando que quere seguir traballando por mellorar a calidade de vida dos seus veciños, co obxectivo de sumar e seguir a gañar, coa Mariña como prioridade.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2016
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: