O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular valora o compromiso do Goberno galego coa sanidade pública da Mariña tras participar esta mañá, xunto aos conselleiros de Infraestruturas e Sanidade, e outros cargos institucionais da comarca, no acto de presentación das obras de ampliación do Hospital da Costa
BALSEIRO: “HOXE É UN DÍA GRANDE PARA A MARIÑA E OS SEUS VECIÑOS”
- Empeza a facerse realidade unha das actuacións máis demandadas e agardadas na nosa comarca que permitirán ampliar e remodelar un centro que ganará en asistencia sanitaria, novas prestacións e comodidades
- A Xunta iniciará en verán as obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela, mediante un investimento de 12,8 millóns de euros tras desenvolverse hoxe as catas xeolóxicas necesarias para redactar o proxecto