Hospital da Costa

O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular valora o compromiso do Goberno galego coa sanidade pública da Mariña tras participar esta mañá, xunto aos conselleiros de Infraestruturas e Sanidade, e outros cargos institucionais da comarca, no acto de presentación das obras de ampliación do Hospital da Costa

 

BALSEIRO: “HOXE É UN DÍA GRANDE PARA A MARIÑA E OS SEUS VECIÑOS”

  • Empeza a facerse realidade unha das actuacións máis demandadas e agardadas na nosa comarca que permitirán ampliar e remodelar un centro que ganará en asistencia sanitaria, novas prestacións e comodidades
  • A Xunta iniciará en verán as obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela, mediante un investimento de 12,8 millóns de euros tras desenvolverse hoxe as catas xeolóxicas necesarias para redactar o proxecto

 

Burela, 2 de maio de 2016.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro dixo que “hoxe é un día grande para A Mariña e para os seus veciños e veciñas” tras participar no acto de presentación e inicio das obras de ampliación do Hospital da Costa, en concreto, coas primeiras catas xeolóxicas.

 O dirixente popular agradeceu a visita efectuada polos conselleiros de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que xunto a destacados cargos institucionais da comarca e membros da empresa adxudicataria explicaron in situ en que consistirán as actuacións a desenvolver no Hospital público da Mariña lucense.

 “Deu comezo a obra máis esperada e demandada polos veciños e veciñas da Mariña lucense, que se completará este verán. Esta actuación era un compromiso do Partido Popular e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, coa comarca e ese compromiso, a pesar de que eran momentos difíciles e a economía non estaba na mellor situación, empeza a facerse realidade hoxe ”

 Balseiro puxo en valor esta obra que permitirá ampliar e remodelar o centro, mellorar a asistencia sanitaria e ganar en calidade das prestacións médicas e en comoidade, dispoñendo dunhas instalacións sanitarias moito mellores, máis amplas, e acordes cos tempos de hoxe.

 A Xunta iniciará en verán as obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela, mediante un investimento de 12,8 millóns de euros tras desenvolverse hoxe as catas xeolóxicas necesarias para redactar o proxecto