• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa
Reunidos »

Gardacostas

3, Maio 2016 por Admin B

O Grupo Popular, a través do seu voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, trasladou á Cámara galega as demandas dos traballadores deste servizo autonómico encargado da atención de emerxencias, salvamento, inspección marítima e protección ambiental

O PARLAMENTO GALEGO APROBA DEMANDAR AO GOBERNO CENTRAL QUE OS GARDACOSTAS POIDAN BENEFICIARSE DOS COEFICIENTES REDUTORES

Pesca2

  • Unha vez desenvolvida a medida permitirá adiantar a xubilación deste persoal ao igual que hoxe poden facelo outros profesionais do eido marítimo-pesqueiro
  • Os populares lamentan que socialistas e Alternativa Galega de Esquerdas non apoiasen esta petición e que o BNG directamente vote en contra desoíndo as peticións dos profesionais deste servizo

 

Santiago, 3 de maio de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa do Grupo Popular pola que se reclama ao Goberno central que impulse as medidas e reformas normativas necesarias para incluír o cadro de persoal dos Gardacostas de Galicia no Réxime Especial dos Traballadores do Mar ou, en todo caso, garantir que estes poidan beneficiarse da aplicación dos correspondentes coeficientes redutores.

 A medida, segundo explicou o autor da iniciativa e voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, busca permitir que os traballadores de Gardacostas poidan adiantar a súa xubilación con respecto a idade xeral, ao igual que acontece con outros profesionais do eido marítimo-pesqueiro, en consideración ás circunstancias especialmente perigosas e penosas nas que desenvolven a súa actividade laboral diaria.

 DEMANDA DOS PROFESIONAIS

 O Grupo Popular trasladou á Cámara galega as demandas dos traballadores deste servizo encargado da atención das emerxencias e salvamento, inspección marítima e protección ambiental, que lle fixeron chegar a través de diversos encontros que os populares galegos mantiveron nas pasadas datas.

 A iniciativa popular prosperou grazas á maioría absoluta do Grupo Popular pero coa abstención de socialistas e de Alternativa Galega de Esquerdas e co voto en contra do BNG, que desoíron as peticións dos profesionais deste servizo.

 TRESCENTOS TRABALLADORES

 Gardacostas de Galicia dispón dun cadro de persoal próximo aos 239 profesionais que desenvolven a súa actividade tanto nos servizos centrais como nas distintas localidades costeiras onde teñen a súa sede estes servizos, isto é, as unidades operativas de Celeiro, Ferrol, Coruña, Muxía-Portosín, Ribeira, Vilaxoán, Pontevedra e Vigo.

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2016
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: