Balseiro censurou a hipocrisía política da oposición que reclaman máis posibilidades de pesca para Galicia e despois son incapaces de apoiar as iniciativas que van nesa dirección, polo simple feito de que é o Partido Popular quen as impulsa
O PARLAMENTO DE GALICIA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, PIDE A EUROPA UN CAMBIO NO SISTEMA DE REPARTO DAS COTAS DE PESCA
- O portavoz do Mar reclamou que, baixo o principio do aproveitamento máximo das capturas, se explore unha nova vía para que as cotas sobrantes que algúns países non empregan poidan cederse ou traspasarse ás flotas, como a galega, que as precisan para continuar coa súa actividade