I Congreso Comarcal do PP na Mariña lucense

José Manuel Balseiro, elixido coordinador comarcal da Mariña lucense

José Manuel Balseiro foi elixido este domingo coordinador comarcal da Mariña lucense na cita congresual que os populares celebraron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro e no que estiveron presentes a presidencia provincial, Elena Candia, o secretario xeral lucense, Juan Carlos Armesto e o portavoz do Grupo Popular no Senado e expresidente provincial, Xose Manuel Barreiro. Balseiro contou cun 98,5% dos apoios da militancia.

José Manuel Balseiro quixo comezar o seu discurso agradecendo o abrumador apoio recibido polos militantes do Partido Popular da Mariña e destacou que son precisamente as súas bases o verdadeiro motor dunha formación política que sempre contou coa confianza maioritaria dos veciños. “Nesta comarca nunca perdemos unha elección”, por iso temos unha débeda de gratitude coa Mariña e comprometeuse a facer o posible por devolver esa confianza.

Dixo que seguirá loitando coa A Mariña como prioridade e quixo poñer en valor a súa experiencia e traballo tanto como concelleiro en Cervo, como deputado no Parlamento de Galicia, e ex secretario xeral “para traballar agora por mellorar está terra, o meu fogar”.

Balseiro avanzou que toma nota das liñas marcadas nas ponencias aprobadas por unanimidade no Plenario do Congreso, para facer da Mariña a oitava gran cidade de Galicia mimando os seus sectores estratexicos: pesca, agricultura e ganderia, industria, sector forestal e turismo. Expresou tamén a necesidade de impulsar os grandes proxectos pendentes: a remodelación e ampliación do Hospital da Costa e as infraestructuras viarias, como o corredor nos seus tramos estatal e autonómico.

Maior participación da militancia

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, tivo palabras de agradecemento para as agrupacións da Mariña “polo seu traballo a favor do proxecto do Partido Popular”. Candia avogou por unha maior participación da militancia. “Quero que a militancia fale, que o poida facer en cada concello, en cada comarca de cara a ter un partido máis próximo”.

Defendeu que o PP de Galicia está a romper tópicos como o dunha maior presenza dos homes no partido, a idade e a participación. “Somos un partido con grandes ideas, grandes equipos e grandes proxectos”. E, o que é máis importante, expuxo, “que entendemos a política como único instrumento para resolver as necesidades dos veciños e veciñas. “Podemos presumir de dar participación á militancia, que é o mellor paso para ser a voz da rúa”, engadiu.

A presidenta do partido, Elena Candia, indicou que con esta segunda cita congresual, tras a da Terra Chá, o PP cumpre un dos compromisos adquiridos desde a nova dirección provincial que, se comprometeu a reforzar a estrutura comarcal do partido, dándolle nova vitalidade e tamén, e igualmente relevante, avanzar nos mecanismos de participación directa dos militantes.

Un afiliado, un voto

A celebración deste Congreso comarcal efectuouse, por primeira vez, de xeito asembleario, polo que foron os afiliados populares de toda a comarca os que escolleron co seu voto, de xeito directo, ao novo Coordinador e á súa Executiva.

Tal e como explicou Candia, o obxectivo principal desta nova estrutura é ofrecer aos veciños da comarca e ao conxunto dos militantes un partido máis pegado ao territorio, e ás súas necesidades, que gañe en proximidade, dinamismo, transparencia e participación.

Aclarou que as novas agrupacións comarcais non suporán crear novos órganos de dirección, xa que a figura dos coordinadores xa existía, a diferenza radicada en que agora son os militantes os que escollen de xeito directo aos integrantes da Executiva e ao seu presidente.

De calquera xeito, a nova organización comarcal respectará as estruturas municipais existentes e a súa autonomía de funcionamento, aínda que permitirá dar resposta dun xeito máis efectivo, a todas as demandas que comparten os municipios da Mariña.

Nova Executiva

Os afiliados do PP da Mariña respaldaron cun 98,5% dos seus votos a composición da nova Executiva comarcal (23 persoas) que, encabezada por Balseiro incorpora tamén as alcaldes de Foz, Javier Jorge Castiñeira, O Vicedo, Jesús Novo Martínez, Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, Riotorto, Clemente Iglesias González, Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, os deputados Jaime De Olano (no Congreso) e Vidal Martínez Sierra (Parlamento galego); incorpora tamén aos concelleiros, Juan José Fraga Paz (Alfoz), Jose Ramón Soto Martínez (Cervo), Mari Ángeles Rodriguez Rico (Mondoñedo), Jose María Suárez García (Ribadeo) é presidenta do PP da Lourenzá, Emma Álvarez Chao, ao presidente do PP en Trabada, Jose Manuel Yanes Ginzo, ao presidente no Valadouro, Jose Manuel Lamela, ao presidente do PP da Pontenova, David Álvarez Gutierrez, de Viveiro, Antonio Bouza Rodil, ao presidente do PP de Ourol, Marcial Sanjurjo, ao presidente dos populares de Burela, Jose María González Barcia, a Roberto Fernández Pena (Novas Xeracións), a Lorena Fernández Redondo (Barreiros), Maria Dolores Cociña Cabana (Burela), Juan Antonio Gallego Prieto (Cervo) e Baldomero Castro Prieto (Ribadeo).