O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lembra que o investimento dirixido a mellorar a calidade das augas ascende a 246 millóns, dos cales a Xunta achega 105 millóns
O GRUPO POPULAR PON EN VALOR AS INICIATIVAS DA XUNTA PARA ACADAR O SANEAMENTO INTEGRAL E A REXENERACIÓN MARISQUEIRA DA RÍA DE FERROL

Xunta de Portavoces, 18-05-2016
- Lembrou que grazas a batea de reinstalación, que permite a depuración e comercialización de bivalvos procedentes de zonas C, a ría de Ferrol recuperou o nivel de capturas e vendas en fresco que se rexistraron antes dos peches
- Anticipou tamén que a Consellería do Mar xa tramita a encomenda de xestión que permitirá impulsar de xeito inminente un plan de rexeneración do banco marisqueiro de As Pías en Ferrol