Comisión de Pesca 18/05

Jose Manuel Balseiro lembra que este sector de actividade xera entorno a 1.500 empregos directos en Galicia e constitúe unha fonte de materia prima básica na cadea mar-industria

 O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR CON MEDIDAS PARA REFORZAR A COMPETITIVIDADE DA FLOTA DE GRANDE ALTURA

 Sin título

  • O acordo final, que incorpora emendas doutros grupos, propón que o conxunto da flota, e non so os atuneiros, poida beneficiarse da súa inclusión nos rexistros especiais modificando a normativa comunitaria vixente

 

  • Tamén se demanda a modificación da normativa europea sobre cercenamento de aletas de tiburón, excluír do pago das tarifas arancelarias aos continxentes de toros de pescada e a simplificación da aplicación da norma da UE para certificar os fretes desde terceiros países.

 

Santiago, 18 de maio de 2016.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia vén de aprobar esta tarde unha iniciativa do Grupo Popular que recolle distintas medidas dirixidas á reforzar a competitividade da flota de grande altura. O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lembrou que se trata de apoiar a un sector de actividade que xera entorno a 1.500 empregos directos só Galicia e constitúe unha fonte en materia prima básica na cadea mar-industria.

O acordo final recolle na súa integridade a iniciativa promovida polo PPdeG e as achegas formuladas a través dunha emenda polo PSOE, que tamén votou a favor da proposición.

En particular, o Parlamento galego insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para que facilite a extensión ao conxunto da flota de grande altura dos beneficios que outorgan a súa inclusión nos rexistros especiais de buques. Na actualidade so poden acceder aos mesmos as embarcacións atuneiras.

Este obxectivo permitirá ampliar certas vantaxes fiscais ao conxunto da flota e tamén permitirá que poidan renovar as súas embarcacións. Con este fin, o acordo insta á Unión Europea a que modifique as directrices comunitarias vixentes que hoxe regular estes aspectos.

ALETAS DE TIBURÓN, TOROS DE PESCADA E FRETES

n segundo lugar, o Parlamento galego solicita que se promova a modificación da normativa comunitaria en relación co   cercenamento de aletas de tiburón a bordo de buques (práctica coñecida como finning)  para   unificar   criterios   e   buscar   a rendibilidade da flota comunitaria.

O acordo final pide tamén a modificación da normativa comunitaria para excluír do pago das tarifas arancelarias aos continxentes de toros de pescada que na actualidade, por un erro de tradución, están sometidos a esta carga impositiva. E, finalmente, reclama que Europa simplifique os trámites burocráticos que na actualidade hai que superar para poder certificar os fretes procedentes de terceiros países.

En definitiva, os populares reclaman un conxunto de medidas dirixidas a recoñecer a singularidade do conxunto das embarcacións que faenan en augas internacionais entre as que, segundo os datos oficiais, incorpora buques de arrastre (3 bacaladeiros, 15 conxeladores e 15 NAFO), flota de palangre de superficie (119 embarcacións) e o cerco atuneiro (con 3 embarcacións).