• Inicio
  • Hospital da Costa (Burela)
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 18/05
Cambados »

Comisión de Pesca 18/05b

18, Maio 2016 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lembra que o investimento dirixido a mellorar a calidade das augas ascende a 246 millóns, dos cales a Xunta achega 105 millóns

 O GRUPO POPULAR PON EN VALOR AS INICIATIVAS DA XUNTA PARA ACADAR O SANEAMENTO INTEGRAL E A REXENERACIÓN MARISQUEIRA DA RÍA DE FERROL

Xunta de Portavoces, 18-05-2016

Xunta de Portavoces, 18-05-2016

  • Lembrou que grazas a batea de reinstalación, que permite a depuración e comercialización de bivalvos procedentes de zonas C, a ría de Ferrol recuperou o nivel de capturas e vendas en fresco que se rexistraron antes dos peches
  •  Anticipou tamén que a Consellería do Mar xa tramita a encomenda de xestión que permitirá impulsar de xeito inminente un plan de rexeneración do banco marisqueiro de As Pías en Ferrol

 

Santiago, 18 de maio de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor as iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia para acadar o saneamento integral e a rexeneración marisqueira da ría de Ferrol.

O popular lembrou que durante os últimos anos tanto o Goberno autonómico como central realizaron importantes investimentos para dotala das infraestruturas necesarias dirixidas a mellorar a calidade das augas e a recuperar a capacidade produtiva.

Sinalou tamén que conseguir o saneamento integral da ría de Ferrol debe ser un esforzo conxunto e que todas as administracións, incluídas as municipais, deben estar plenamente implicadas polo que instou ás mesmas a ampliar os seus compromisos.

246 MILLÓNS DE EUROS EN INVESTIMENTOS

Balseiro citou varias obras, entre elas, a execución da estación depuradora para tratar as augas residuais, o emisario submarino para o vertido e o emisario terrestre para transportar as augas dende a ensenada da Malata ata a depuradora. Todas estas actuacións supuxeron unha inversión (só no marxe norte) de 108 millóns. Esta cifra ascende a 246 millóns se temos en conta todas as actuacións –e non só as da marxe norte- dirixidas a acadar o saneamento da ría de Ferrol, dos cales a Xunta aporta 105 millóns.

BATEA DE REINSTALACIÓN

O popular tamén defendeu a utilidade e funcionamento da batea de reinstalación de moluscos que permite a depuración e posterior comercialización daqueles mariscos producidos en espazos catalogados como zonas C.

Lembrou que grazas este sistema implantado no ano 2012, a ría de Ferrol recuperou no ano 2015 o nivel de capturas e vendas en fresco de bivalvos que se rexistraron no ano 2005, isto é, antes dos peches. Dixo tamén que o Goberno galego quere que a reinstalación non teña custe para as confrarías, e urxiu ao pósito de Ferrol a empregar o sistema utilizado polas confrarías de Pontedeume, Miño e Corcubión

PLAN DE REXENERACIÓN

Por outra banda anticipou que a Consellería do Mar ten previsto impulsar de xeito inminente un plan de rexeneración do banco marisqueiro de As Pías en Ferrol.

 De feito explicou que a administración autonómica xa tramita unha encomenda de xestión que dará continuidade aos traballos executados nesta zona no pasado e que inclúen, entre outras tarefas, a retirada do mexillón, control dos depredadores, achegas de area, a descompactación de substrato e o posible traslado de xuvenís.

Compartir:

  • Click to share on Facebook (Opens in new window)
  • Compartir en Twitter (Opens in new window)
  • Imprimir (Opens in new window)
  • Enviar isto a unha amizade (Opens in new window)

Like this:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR, PESCA |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2016
    L M M X V S D
    « Abr   Xuñ »
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete aos outros 15 segidores

Blog en WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez.
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
%d bloggers like this: