O coordinador comarcal dos populares di que o Goberno galego está comprometido en promover a excelencia nos centros de ensino públicos

Balseiro salienta que 9 colexios e 5 institutos da Mariña beneficiaranse dos contratos programa da Xunta para a mellora do éxito escolar

Sin título2.jpg

  • Entre as accións a desenvolver está a contratación de docentes de apoio para iniciativas de reforzo, a mellora de competencias matemáticas, comunicación lingüística ou tecnoloxía ou de impulso da convivencia

A Mariña, 24 de maio de 2016.- O coordinador comarcal dos populares, Jose Manuel Balseiro, salientou que 14 centros educativos públicos da nosa comarca (9 colexios e 5 institutos) beneficiaranse dos coñecidos como contratos-programa da Xunta, isto é, dunha iniciativa da Consellería de Cultura e Educación que ten por obxecto mellorar o éxito escolar e promover a excelencia no ensino público.

Balseiro explicou que con esta iniciativa busca reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado.

 Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

 Distintas liñas de actuación

 A liña de actuación máis solicitada continúa a ser a número 1(antigo programa PROA), para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural. Un total de 9 centros docentes desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán con docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin.

 A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, é a segunda en número de participantes. Así, a liña 2a, competencia matemática, será de desenvolvida por 3 centros; mentres que a 2b, competencia en comunicación lingüística, contará con 2 centros participantes; pola súa parte, a 2c, deseñada para reforzar as competencias en ciencia e tecnoloxía, será desenvolvida por 2 centros.

 No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e incorpora este ano por primeira vez a promoción da igualdade, contará coa participación de 4 centros

 Finalmente a liña 5, dirixida á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, participarán 4 institutos e un colexio.

 Os centros participantes na Mariña son os seguintes:

  Colexios públicos:

Concello Nome do centro 1 2a 2b 2c 3 4 5 6
A Pontenova CEIP Plurilingüe da Pontenova X
Barreiros CEIP San Miguel de Reinante Barreiros X
Burela CEIP Virxe do Carme X
Foz CEIP O Cantel X
Lourenzá CEIP Juan Rey X
Ribadeo CEIP Gregorio Sanz X
Trabada CEIP Celso Currás X
Viveiro CEIP Antonio Pedrosa Latas X
Viveiro CEP Luís Tobío X X X
Institutos:
Burela IES Perdouro X X X
Burela IES Monte Castelo X X
Foz IES de Foz X
Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo X X X X X
Ribadeo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo X X X

  Incremento de orzamento

 Cómpre salientar, ademais, que a Consellería reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que acadan os 3,1 millóns de euros, un 18% máis ca no curso anterior.

 Balseiro lembrou que desde o Goberno galego defenden a utilidade deste tipo de iniciativas ata o punto de consideralos unha ferramenta esencial á hora de acadar avances tan significativos como conseguir baixar a taxa de abandono educativo temperá en Galicia case 9 puntos respecto de 2009