• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pleno do Parlamento 25/05/2016
O futuro de Alcoa »

Bueu

26, Maio 2016 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro e a deputada popular Berta Pérez censuraron en Bueu que socialistas, nacionalistas e AGE votasen en contra do plan de apoio á flota costeira artesanal onte no Pleno do Parlamento de Galicia

 O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE A OPOSICIÓN SÓ DEFENDE Á FLOTA DE BAIXURA “CANDO TRATA DE FACER A FOTO E AGARRARSE ÁS PANCARTAS”

 

  • O plan deseñado pola Consellería do Mar contén seis medidas concretas para mellorar a competitividade do sector e as condicións de traballo dos seus profesionais e propón destinar a este fin recursos do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

 

Bueu, 25 de maio de 2016.- Os populares galegos denunciaron esta tarde, nunha rolda de prensa, que os grupos da oposición en Galicia só defenden á flota de baixura “cando se trata de sacar a foto e agarrarse ás pancartas”, mentres que despois rexeitan e buscan bloquear as iniciativas de apoio a este sector que se impulsan desde a administración.

 O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro e a deputada popular Berta Pérez censuraron que socialistas, nacionalistas e Alternativa Galega de Esquerdas votasen en contra do plan de apoio á flota costeira artesanal, que foi aprobado onte no Pleno do Parlamento de Galicia exclusivamente grazas a maioría absoluta do Grupo Popular.

 Os populares reproban a actitude das forzas políticas da oposición e sinalan que só se preocupan dos profesionais da pesca de baixura e do marisqueo “cando poden aproveitarse deles e sacar réditos partidistas” pero á hora da verdade “non están aí e votan en contra dos seus intereses, molestos porque sexa o Grupo Popular e o Goberno galego quen leve a iniciativa en defensa deste sector”. Desde o PPdeG séntense na obriga de “desenmascarar aos partidos da oposición” ante a opinión pública e ante os homes e mulleres do mar en Galicia.

 PLAN DE APOIO Á FLOTA ARTESANAL

 O plan deseñado pola Consellería do Mar e aprobado onte na Cámara galega contén seis medidas concretas para mellorar a competitividade do sector e as condicións de traballo dos seus profesionais e propón destinar a este fin recursos procedentes no novo FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca)

 O Grupo Popular defende que se dea prioridade a este segmento de flota no acceso ás axudas e subvencións que no futuro se establezan, a posta en marcha dun plan de emprego orientado á incorporación de mozos nas embarcacións de baixura, a revitalización dos criadoiros de moluscos bivalvos, o fomento de medidas para a mellora da comercialización, o impulso das marcas de calidade e denominacións de orixe protexida nos produtos do mar e novas axudas para a mellora e modernización da flota costeira artesanal.

 Desde o PPdeG conclúen que “á hora de traballar polo sector da pesca en Galicia temos na oposición o peor inimigo” e solo así se explica que voten en contra dun plan de apoio á flota costeira artesanal que incorpora estas iniciativas obxectivamente positivas para o sector. Sinalan tamén o catálogo de medidas non estaba pechado e levouse ao Parlamento precisamente para que puideran incorporar novas propostas algo que desde a oposición non quixeron facer.

 FLOTA DE BAIXURA

 A flota de baixura representa en Galicia a máis de 5.000 tripulantes que desenvolven a súa en 3.500 buques de pesca, isto é, máis do 85% do total da flota pesqueira, un sector que achega o 22% do total dos de peixes e mariscos frescos na nosa comunidade.

 Só en localidades como Bueu hai máis de 124 buques pertencentes á flota costeira artesanal entre embarcacións de artes menores, cerco e arrastreiros que operan en augas galegas e do Caladoiro Nacional.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR, PARLAMENTO, PESCA |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2016
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: