• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Parlamento de Galicia
Pleno do Parlamento 07 06 2016 »

Burela

3, Xuño 2016 por Admin B

A iniciativa que será defendida na Sesión Plenaria da Cámara galega prevista para a próxima semana está impulsada polos deputados mariñáns do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, Vidal Martínez-Sierra e polo voceiro de Infraestruturas Alejandro Gómez Alonso

 O PARLAMENTO DE GALICIA DISPORÁ QUE AS OBRAS DO NOVO ACCESO AO PORTO DE BURELA DEBEN REMATAR ESTE ANO

 jpg

  • Porase data de finalización a unha infraestrutura estratéxica para as empresas e profesionais que operan desde as instalacións portuarias e que evitará o paso de 146.000 vehículos pesados ao ano polo centro da localidade
  •  A obra sufriu multitude de contratempos, desde a paralización xudicial dos traballos, á aparición de pegadas arqueolóxicas ou a necesidade de superar complexos retos no seu trazado como a modificación das vías de FEVE ou elevados desniveis

 

Burela, 3 de xuño de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia disporá, con toda probabilidade a próxima semana, un mandato á Administración autonómica polo que pon data de finalización ás obras do novo viario de acceso ao porto de Burela.

Os deputados do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, Vidal Martínez Sierra e Alejandro Gómez Alonso son autores dunha proposición non de lei que será obxecto de debate e votación na Cámara galega e na que se reclama a posta en servizo desta infraestrutura na presente anualidade, en 2016.

 Os populares lembran que se trata dun acceso viario estratéxico para a localidade e para o conxunto da comarca mariñán chamado a evitar a circulación de máis de 146.000 vehículos pesados ao ano polo núcleo urbano de Burela e a facilitar a entrada e saída ás instalacións portuarias, o que mellorará a seguridade na zona e reforzará a competitividade e actividade económica dun dos peiraos pesqueiros e comerciais máis importantes do Cantábrico.

MÚLTIPLES CONTRATEMPOS

 Os populares lembran que esta obra financiada desde a Xunta de Galicia sufriu os últimos anos incontables contratempos, desde a paralización xudicial dos traballos pola presentación de distintos recursos que tiveron que resolverse, á aparición de pegadas arqueolóxicas que precisaron dun plan especial de catalogación e intervención.

 Amais desde o Partido Popular salientan que a pesar de non ser un novo acceso excesivamente longo –ten 1,26 quilómetros– as obras de execución material precisaron superar relevantes obstáculos e complexos retos técnicos e administrativos, como foi a modificación das vías de FEVE ou facer fronte a elevados desniveis e terraplens

 NOVO IMPULSO GRAZAS AOS GOBERNOS POPULARES

 Lembran tamén que desde a chegada ao Goberno do Partido Popular, tanto a nivel autonómico como nacional, especialmente nesta segunda lexislatura e superados os obstáculos administrativos, xurídicos e técnicos, e tras dispoñer da autorización outorgada polo ADIF (axencia estatal ferroviaria) para o desvío da liña de tren, deuse prioridade a unha actuación que tomou especial intensidade a partir de novembro de 2015 e na que a Xunta de Galicia inviste oito millóns de euros.

 ASPECTOS TÉCNICOS

 As unidades principais de obra centráronse na escavación de preto de 179.00 metros cúbicos de terra e o estendido de mestura bituminosa en quente. A actuación tamén inclúe traballos de restauración e acondicionamento paisaxístico, restauración de patrimonio histórico, drenaxe lonxitudinal e transversal e sinalización horizontal e vertical.

 Actualmente o acceso á zona portuaria realízase atravesando o núcleo urbano da vila, coas molestias e a perigosidade que isto supón, tanto para os usuarios do porto como para os propios veciños do municipio, mentres que a nova vía enlazará coa Avenida da Mariña na zona portuaria, á altura da nova lonxa

 O novo viario beneficiará directamente a unha poboación de máis de 9.500 habitantes do Concello de Burela, e a unha poboación aínda maior vese incrementada debido ao emprego que xera o porto e a afluencia turística que se xera sobre todo na estación de verán.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, INFRAESTRUTURAS |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2016
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: