Alcoa Parlamento

Presentou a proposta en forma de proposición non de lei para o seu debate nun próximo Pleno

 O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE A OPOSICIÓN REXEITARA A SÚA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN DEFENSA DOS TRABALLADORES DE ALCOA

Alcoa San Ciprián

 

Santiago, 8 de xuño de 2016.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro lamentou que os grupos da oposición rexeitaran hoxe a proposta de declaración institucional para o mantemento dos postos de traballo da empresa Alcoa en Galicia. “Diante desta situación, decidimos rexistrar o contido desta proposta como proposición non de lei, de xeito que en vindeiras sesións do Parlamento se poida debater e coñecer a postura de todos os grupos sobre o futuro de Alcoa e dos seus traballadores”, sinalou.

 Balseiro lembrou que a proposta do Grupo Popular recollía a práctica totalidade das cuestións formuladas polo Comité de Empresa de Alcoa, co mesmo contido da que se aprobou no Parlamento de Asturias e pretendía instar á multinacional a promover o mellor futuro posible para as fábricas existentes en San Cibrao e A Coruña.

 APOIO INCONDICIONAL AO SECTOR DO ALUMINIO

 Ademais, a iniciativa amosa o apoio incondicional ao sector do aluminio en Galicia e a todos os traballadores e as súas familias vinculadas ao mesmo.

 Por último, ínstase ao futuro goberno de España a que garanta a competitividade de todas as empresas electrointensivas, de maneira que facilite os investimentos industriais e a súa permanencia.

 “Todas estas demandas están recollidas na proposición non de lei que hoxe mesmo rexistrou o Grupo Popular e que intentaremos que se poida debater no vindeiro Pleno do Parlamento de Galicia, de xeito que todos os grupos parlamentarios poidan amosar o seu posicionamento sobre Alcoa e o futuro dos seus traballadores en Galicia”, indicou Balseiro.