Pleno do Parlamento 26/06

Jose Manuel Balseiro felicítase pola rectificación da oposición “que esta vez si, e tras bloquear no último pleno unha declaración institucional sobre este mesmo asunto” ofrece unha mensaxe de unidade política que cualifica de “inmprescindible e positiva”

O GRUPO POPULAR APOIA O ACORDO UNÁNIME DO PARLAMENTO QUE REAFIRMA A SÚA APOSTA POLO FUTURO DO ALUMINIO GALEGO E SE SITÚA A CARÓN DOS TRABALLADORES DE ALCOA

 

Debate de política general.

 

  • Lembra que a Xunta estará vixiante ante a estratexia que segue a multinacional e que só apoiará decisións que garantan o futuro do proxecto industrial e os postos de traballo

Santiago, 29 de xuño de 2016.- Os votos do Grupo Popular veñen a ser decisivos para que, na sesión plenaria do día de hoxe, prosperase o acordo unánime do Parlamento galego que reafirma a súa aposta polo futuro do aluminio en Galicia e se sitúa a carón dos traballadores de Alcoa.

 O deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro felicitouse pola rectificación da oposición que esta vez si, e tras bloquear no pasado unha declaración institucional sobre este mesmo asunto, acorda instar á Xunta a realizar todas as accións encamiñadas a garantir os centros produtivos e postos de traballo desta empresa en Galicia.

 Balseiro lembrou que acordos similares ao de hoxe xa foron promovidos en distintas institucións, moitos deles polo Grupo Popular, tanto nos concellos das comarcas da Mariña e da Coruña, como na Deputación de Lugo ou na Xunta Xeral do Principado de Asturias.

 Precisamente este último serviu de base para a proposta que o Partido Popular defendeu no pasado pleno da Cámara galega e que non prosperou ante a negativa da oposición que vetou en Galicia o mesmo texto a favor dos traballadores de Alcoa que aceptaban en Asturias ou en Lugo.

A IMPORTANCIA DA UNIDADE

 Balseiro salientou a importancia de propiciar este acordo conxunto de todas as forzas políticas xa que, na súa opinión, outorga unha vía de confianza aos traballadores, e unha posición de unidade e fortaleza ante a empresa. “A unidade política é imprescindible e positiva”

 O deputado tamén lembrou que se está falando do principal proxecto industrial do aluminio en Galicia, que xera máis de 1.500 empregos directos e 600 auxiliares nos tres centros que existen na nosa Comunidade e dunha actividade que representa o verdadeiro motor económico, industrial e laboral da Mariña lucense.

 Balseiro convidou ás forzas da oposición a deixar o partidismo a un lado e aprobar por unanimidade este acordo, pois lembrou se está a falar do futuro de miles de persoas, aos que el pode poñer un rostro coñecido, pois son veciños do concello no que reside, e sobre os que pesa a incerteza entorno ao seu futuro laboral

 NON FALLAREMOS AOS TRABALLADORES DE ALCOA

 O deputado popular rematou insistindo en que o PP e o Goberno galego sempre estarán ao carón dos traballadores de Alcoa porque as súas demandas son razoables e compartidas pola Xunta polo que farán todo o que estea na súa man para garantir o emprego e o futuro dos traballadores do aluminio galego.

 Nesa mesma liña insistiu en que a Xunta está vixiante e fai un seguimento diario, da estratexia da multinancional para as plantas da Coruña e San Ciprián e salientou que, a diferenza da oposición o Goberno popular avala o seu compromiso con feitos. “Levamos traballando e apoiando aos traballadores Alcoa moito tempo; non os fallaremos, impulsando investimentos como a construción do gasoduto da Mariña, que fixo as plantas máis competitivas, ou a liderando as iniciativas para conformar un modelo enerxético estable para empresas como Alcoa, altamente dependentes do prezo da enerxía”