O desemprego segue a reducirse na comarca, situándose no nivel máis baixo dos últimos cinco anos

Balseiro: “O paro baixa na Mariña por riba da media lucense, galega e española”

PropA

  • Pechamos xuño con 361 desempregados menos que o pasado mes de maio, unha baixada do 8,09%
  • Hoxe hai 429 parados menos que fai un ano


A Mariña, 04 de xullo de 2016.- O coordinador comarcal do Partido Popular na Mariña lucense, Jose Manuel Balseiro, salientou o notable descenso do paro rexistrado que, segundo os datos coñecidos esta mañá, reduciuse no nivel máis baixo dos últimos cinco anos.

O deputado popular lembrou que en xuño o desemprego cae un 8,09% isto é 361 desempregados menos que fai un mes, polo que o número de parados sitúase en 4.100 persoas, isto é un nivel inferior ao rexistrado en xuño de 2011.

A redución do paro na Mariña (-8,09%) é case un punto superior á rexistrada no conxunto da provincia de Lugo (-7.21%) dous puntos mellor ca galega (-5.96%) e case cinco puntos superior á española (-3.20%)

O desemprego cae en todos os concellos da Mariña lucense con respecto ao mes de maio con especial intensidade nos concellos máis poboados. O paro redúcese en 166 persoas na Mariña oriental, en 114 na central e en 81 na Mariña occidental.

 430 DESEMPREGADOS MENOS QUE FAI UN ANO

 Balseiro salientou tamén que esta boa evolución dos datos de emprego teñen o seu reflexo no cómputo interanual ata o punto de que hoxe hai 429 desempregados menos que fai un ano.

 VALORACIÓN POLÍTICA

 Para Balseiro estas cifras indican que o PP, a Xunta e o Goberno central teñen que seguir traballando para afianzar esta evolución positiva e seguir creando emprego pois o número de parados aínda non é satisfactorio.

 Dixo tamén que a mellor noticia que podemos dar ás 4.100 persoas que aínda buscan un emprego na comarca, é que se está demostrando con feitos que as medidas impulsadas nos últimos anos funcionan e estamos na senda da recuperación.

 Balseiro emprazou ás forzas políticas a esforzarse por facer posible pronto un goberno estable que, como xa existe en Galicia, poida continuar facendo da creación do emprego unha prioridade