Construción naval

Jose Manuel Balseiro lamenta que o PSOE bloquease a posibilidade de chegar a un acordo unánime no Parlamento galego ao non querer aceptar ningunha das propostas realizadas  polos populares

 O GRUPO POPULAR APOIA O DESEÑO DUN PLAN QUE FACILITE QUE OS ESTALEIROS GALEGOS POIDAN RENOVAR A FLOTA DE ALTURA

 3a4wue67yzggkkogw4.png

  • O portavoz popular defende que é moito máis acaído desenvolver este plan con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e non, como demandaba o PSOE, mediante iniciativas do IGAPE e AGAIN, ao tempo que asegura que a mellor fórmula sería aproveitar para este fin moitas das axudas xa existentes

 

Santiago, 7 de xullo de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe no Parlamento o apio a impulsar o deseño dun plan de apoio que facilite que os estaleiros galegos e á industria auxiliar poida participar na renovación da flota de altura, coa construción de novos barcos máis modernos.

 Neste sentido, Balseiro lamentou a intransixencia do PSOE que esta mañá bloqueou a posibilidade de chegar a un acordo unánime sobre este asunto na Comisión de Industria do Parlamento galego, ao non aceptar ningunha das propostas realizadas polos populares, entre elas, a votación por puntos.

 José Manuel Balseiro insistiu en que, pola tipoloxía dos apoios necesarios, “é moito máis acaído desenvolver este plan con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e non, como demanda o PSOE, mediante iniciativas do IGAPE e AGAIN”. Este precisamente foi un dos puntos de fricción aos que o PSOE non quixo renunciar e que motivaron o voto en contra dos deputados populares á iniciativa socialista.

 APROVEITAR AS MEDIDAS XA EXISTENTES

 O portavoz popular tamén insistiu en que “a Xunta debe estudar a mellor formula para conseguir este obxectivo, que pode non ser mediante un plan específico, como pedía o PSOE, senón a través do aproveitamento de medidas que xa están en marcha, como os avais a aquelas empresas que impulsen e participen nos traballos de renovación ou nova construcións das embarcacións”.

 Entre os aspectos nos que o Grupo Popular concordaba coa iniciativa socialista por consideralos positivos estaba a posibilidade de que o Goberno galego poida desenvolver en coordinación coa  Universidade  de Vigo, e as organizacións do sector, distintas medidas de formación, investigación e innovación neste ámbito. Con todo, a negativa do PSOE á votar este punto individualmente impediu finalmente o acordo.

 Balseiro insistiu en que “somos partidarios de impulsar todas as medidas que contribúan a modernizar a flota pesqueira galega, en particular a que opera en augas internacionais, e sobre todo cando, como é este caso, son propostas pensadas en beneficiar a Galicia e que xorden de propio sector, pois falamos dunha idea orixinaria dos Armadores de Vigo”.